09/06/2016

Xornada Atlántica 2016 - O Bosque de Colón









O alumnado de 4ºB, tivo a sorte, de  celebrar  o Día Mundial  do Medio Ambiente   (5 de xuño) en xornada de convivencia xunto con outras Escolas Asociadas Unesco Galegas. Organizáronse unhas actividades no "Bosque de Colón", en Arís, preto da Escusa-Poio.  Un espazo cheo de secuoias. Estas, 500, trouxéronas os americanos no ano 1992, para conmemorar o 500 aniversario do Descubrimento de América.  Con xa 25 anos están feitas unhas "mozas". No 2006 estiveron a punto de padecer un dos grandes incendios de Poio, por sorte os veciños conseguiron atallalo.  
Pola mañá comezamos pintándonos cada grupo, como actividade de  presentación e integración  , pois estabamos todos repartidos. Logo  cada grupo fixo unha composición artística co material do lugar. Outros tamén fixemos un xogo de pistas coas plantas e as árbores . Estas foron  , preto das secuoias, no merendeiro, nel atopamos  carballos, castiñeiros, loureitos reais, érvedos, estraloques, falsa árnica, carpazas, dentes de león, e tamén, por que non, bosta de cabalo e silvas. Rematamos a mañá co intercambio de árbores entre as escolas. Nós agasallamos cunha Camelia japónica `Caramuxiña´(ver listado de Viveiros Moreira)  que lle tocou ó CEIP Márcos da Portela, e a nós agasalláronnos  cunha "Secuoia" o IES Seoane. Ás 13: 30 h a nosa escola marchou xunto co CEIP  Manuel Vidal Portela. Os demais continuarón coa programación ata ás  16: 30 h máis ou menos . Esta foi  ver e xogar coas composicións feitas polos maiores .  Organizou a actividade  o IES Pedra da Auga . Fixeron unha intervención artística con cordas tecendo primeiro  en sentido horizontal entre as secuoias  "As redes que conectan as secuoias (simbolizando aos pobos de América) son collidas polos nenos e profesores (simbolizando aos pobos desta beira do Atlántico)" . Logo en sentido vertical con forma de teas de araña típicas, presentes a ambos lados do Atlántico, como metáfora do desexo de atrapar a esencia e o espíritu desta xornada para que perdure  no bosque e nas  nosas conciencias.  Estas artistas, tamén crearon  e agasalláronnos coa historia de  "Atlantiña" a fada deste Bosque de Colón. 
  Ver máis fotos

Ningún comentario: