26 de set. de 2016

Visitas Escolares na Biblioteca Pública de Pontevedra


A BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA iniciará a partir do  2 de novembro   e ata  o 31 de maio de 2017, o seu programa de “Formación de usuarios  e Animación á lectura” aberto a tódolos centros escolares de Pontevedra e a súa provincia.

            As  visitas diríxense a nenos e nenas dos cursos de 4º, 5º e 6º de Infantil e 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. A súa duración  será aproximadamente de 60 minutos, nos que se van a desenvolver  actividades de animación  adaptadas ás diferentes idades, coa finalidade de fomentar a lectura e dar a coñecer os servizos e fondos bibliográficos da Biblioteca. 

Realizaranse tódolos  mércores  dúas visitas en horario de mañá de 10:00 a 11:00 horas a primeira e de 11:15 a 12:15 horas a segunda,  en grupos  de 25  a 30 alumnos.

            É necesaria a concertación previa de visitas, na que se deberá indicar:  o curso ao que pertezen e a actividade que se escolle, cun límite de catro sesións por colexio.

ÁBRESE O PRAZO O DÍA 3 DE OUTUBRO  na Biblioteca Pública en horario de 9 a 14 h. no tlf. 886 159 249.

25 de set. de 2016

A ordenación dos fondos na Biblioteca - A CDU


Artigo relacionado : "Aprende xogando" a

No noso cole as cores dos ciclos son : 

1º Ciclo: AZUL  2º Ciclo: VERMELLO   3º Ciclo: Verde

 Noutros centros poden cambiar as cores para indicar os ciclos ou niveis pode cambiar.

24 de set. de 2016

19 de set. de 2016

A Biblioteca Escolar

Aprende xogando, algunhas das  cousas sobre como debe funcionar unha biblioteca, cales son as normas, a súa organización, que espazos hai, que fan os axudantes, cales son as partes dun libro ...

Artigo relacionado: "A ordenación dos libros na Biblioteca - A CDU"

No noso cole as cores dos ciclos son : 

1º Ciclo: AZUL  2º CicloVERMELLO   3º CicloVerde

 Noutros centros poden cambiar as cores para indicar os ciclos ou niveis pode cambiar, como ocorre coa Biblioteca do xogo anterior.

Libros a eito

Lote de libros para compartir  do IES Fernando Esquío para os Clubes de Lectura das Biblioteca Escolares.

Nace "O Papagaio". Xornal mensual para os escolares


Sempre é unha alegría recibir noticias deste tipo, pero se ademais son en galego moito mellor!!! "O Papagaio" é un xornal mensual de oito páxinas a toda cor, dirixido a nenos e nenas de Primaria e Secundaria, no que se tratarán temas de actualidade nas diferentes seccións nas que se divide: Actualidade, Banda Deseñada, Ecoloxía, Ciencia e Tecnoloxía, Histoira e Cultura, Natureza, Integración e Seccións Abertas. 

Xa se editou de balde para daren a coñecer  o número 0, para que poidades ir desfrutando da lectura desta nova publicación á que, dende o noso blogue, queremos desexarlle moitísima sorte!!! Se premes sobre a imaxe poderás ler o primeiro número.
2 Exemplares cada mes por 64 € ó ano.  / 10 exemplares 135 €   / 20 exemplares 210 €

 Información: 656838830

Escarlatina e Bisa Bea, Bisa Bel xa forman parte da lista de honra do IBBY

Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas pasa a formar parte da lista de honra do IBBY (International Board of Booksfor Young People) 2016, que recoñece as mellores publicacións internacionais dedicadas á literatura infantil e xuvenil. A novela, publicada en Xerais, xa fora galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e co Premio Lazarillo.
Estes días cúmprense dous anos da súa publicación e chega á súa oitava edición


Tamén forma  parte da lista o escritor e crítico literario Ramón Nicolás pola tradución ao galego de Bisa Bea, Bisa Bel da escritora brasileira Ana María Machado, publicada en Galaxia.

14 de set. de 2016

Maruja Mallo - Homenaxeada no Día das Artes Galegas de 2017

A pintora viveirense Maruxa Mallo vai ser a homenaxeada no Día das Artes Galegas 2017. Así o acordou o plenario da Real Academia Galega de Belas Artes que este sábado se reuniu na Coruña. Segundo puido coñecer Sermos Galiza, os integrantes do pleno decidiron por maioría que fose Mallo a quen se lle adicase o día que pro vez primeira se celebrou este ano, 2016, e que estivo centrado en Castelao. A pintora viveirense collerá o relevo do escritor, político e artista rianxeiro.

Ler máis    -     Ver recursos

8 de set. de 2016

Deixounos Agustín Fernández Paz

Este verán, en xullo, deixonos un grande escritor, Agustín Fernández Paz, comprometido ate a médula, coa xuventude, cos libros e a súa lectura, e coa lingua galega. No 2015 recibiu o Premio dos Clubes de Lectura, para el un dos mellores agasallos que pode ter un escritor.

Cartel e lema das Bibliotecas Escolares para o curso 2016-17

"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos.
A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.
 Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos)."

Curso ALFIN (Alfabetización Informacional)

Está aberto o prazo de inscrición para o curso Alfabetización  informacional (ALFIN) para bibliotecas escolares (referencia:G1601056) que se celebrará en rede neste primeiro trimestre do curso. https://www.edu.xunta.es/fprofe/preparaConsultaPublica.do