Clasificando por medidas


Nas caixas é unha forma boa de clasificar pois nos capachos ás veces defórmase un pouco.

24 de abr. de 2017

Lectura colectiva no Día do Libro - 1ª Sesión

Primeira sesión, onde os maiores leron ós  pequenos. O venres continua a segunda parte.  Ver fotos  1     - Máis na páxina web do cole   -  Artigo relacionado

Fiuncho pechado

Fiuncho pechado  (o que hai que coller)

Fiuncho aberto (o que non hai que coller)



Nas caixas clasificado e estirado
Para que o maio quede máis tupido é preciso coller o fiuncho pechado

Organización para a recollida de Material



O Día dos Maios cadrou en Lunes, a colacación do fiuncho e das flores fíxose o sábado e o domingo.
O venres preparouse a loxísica (taboleiros) e enfiáronse 4 capas de fiuncho.

Coplas para os de 1º

O alumnado de 6º A canta para que os de primeiro aprendan ven a letra e a entoación das dúas coplas que teñen que cantar

19 de abr. de 2017

Día do Libro : 23 de Abril


Lectura colectiva ,  despois do recreo,  no Patio das Celebracións . O luns  24 de abril un grupo le a outro individualmente e o venres 28 de abril intercámbiase os papeis. A elección dos libros será libre  por parte do alumnado (libros da casa ou escollidos na biblioteca).
Os cursos están repartidos do seguinte xeito:

6ºA  con 3ºA   //  6ºB con 3ºB   //  6ºC con 3ºC //   6ºD con 4ºD
5ºA con 2ºA  //  5ºB e 5ºD  con 2ºB  // 5ºC  con 2ºB
4ºA con 1ºA  //  4ºB  con 1ºB  //   4ºC con 1ºC

NOTA. Como os cursos son impares os grupos 5ºB e 5ºD repártense 2ºB: dous alumnos de 5ºB lenlle a un de 2ºB. Deste xeito  5ªB e 5ºD  colle a metade cada un deste grupo.  Máis