30 de maio de 2017

Santiago de Compostela. Vistando MUPEGA e os tellados da Catedral





Ver máis fotos   -   O alumnado de 5º fixo unha Saída Educativa ( Excursión ) a Santiago de Compostela. Estivemos  pola mañá en MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) e pola tarde  nos tellados da Catedral de Santiago.  Ao medio día desprazámonos ata o Campus Universitario para comer nos seus xardíns. Tivemos un bonito día e por suposto pasámolo moi ben. 

28 de maio de 2017

9ª Semana da Música


Este ano o noso centro participou co alumnado de 6º no IES A Xunqueira na IX Semana da Música. Interpretaron "Sofía" de Álvaro Soler e "Imagine" de J. Lennon.

Debuxos do Concurso de Xadrez

Debuxo gañador

Finalistas




Recollendo o Premio

As artistas do debuxo

Todos os debuxos
Campolongo consegue o segundo premio no Concurso de Debuxos da VIII Edición do Xadrez na Rúa   -  O primeiro foi para o Colexio S. Xosé  - Ver fotos da Xornada -   Máis na  Etiqueta Xadrez

24 de maio de 2017

Xadrez na Rúa 2017

Dobre cita a organizada pola Escola Xadrez Pontevedra para promocionar o seu deporte na cidade en plena Praza de España.
Alí instalarase unha carpa para acoller, en dous días consecutivos, unha nova edición do Xadrez na Rúa e do torneo Pontexadrez, que chega á súa oitava edición.
O primeiro destes eventos, destinados aos centros escolares, celebrarase o vindeiro venres 26, de 11:00 a 13:15 horas, con partidas simultáneas entre alumnos do CEP Campolongo, CEIP Vidal Portela, CEIP Xunqueira II e Colexio San Xosé.
Ese mesmo día, en horario de tarde, a Escola Xadrez Pontevedra manterá a actividade na carpa con obradoiros de xadrez impartidos polos mestres da escola.
Pola súa banda o sábado 27 de maio terá lugar o Pontexadrez, torneo ao aire libre que está incluído dentro do Circuíto Galego Escolar e que contará coa presenza de xogadores chegados desde diferentes puntos de Galicia e Portugal, desenvolvéndose desde as 11:00 horas.
Entre ambas as citas a Escola Xadrez Pontevedra espera congregar a preto de medio milleiro de xogadores.  Ver os nosos Equipos.  - Ver Fotos

21 de maio de 2017

Equipos do Xadrez na Rúa - Pintores Galegos

Quesada, Maruja Mallo, Quesada, Colmeiro, Alfonso Sucasas, Laxeiro,  Seoane, Castelao, Urbano Lugrís, Carlos Maside, Mª Antonia Dans

19 de maio de 2017

Medindo o caudal do Río Gafos - Proxecto Ríos

Profundidade do río 20 cm de media
Ánades

Collendo auga par analizar a calidade
Peixes: escalos pequenos ó lado das "Espigas de auga"




Nudosillas (Plantas invasoras)
Medindo 10 m para logo ver a velocidade da auga

Ver máis fotos  - Ver no blogue "Entre Herbas do Ghafos"

   Caudal (m³) = sección (m²) x velocidade  (m/s). 

  Hoxe, 19 de maio de 2017, tocou ver o caudal do río do noso tramo no Proxecto Ríos, xunto  con algún peixe (escalo)  e algunhas  "Herbas acuáticas", na que máis nos fixamos destas  foi a "Espiga de Auga". Das non acuáticas atopamos  a "Nudosilla", invasora pero non tanto como a "Tradescantia" ou  Amor de home . Faltábanos ver a velocidade da auga para saber o caudal, para iso tiramos un anaco de rolla dunha botella e cronometramos o tempo en percorrer os 10 m, logo dividimos os metros que percorreu entre os segundos que tardou (26") e deunos, 10 m : 26"  =  0,3846 m/s  . O outro dato sacámolo da anterior saída que fixemos,   sección: anchura (m) x profundidade (m),  7m x 0,20 m = 1, 4 m².  Ancho do río (7 metros) x profundidade da auga  0,20 m (de media) pois a zona máis profunda neste tramo foi de 0,35 m.  Antes de chegar a onde medimos atopamos unha zona con 0,60 m de profundidade, pero esa non a usamos como referencia pois non é o normal por esta zona do río. Con todos estos datos chegamos a fórmula final  para calcular o caudal :
 sección x velocidade  ( 1, 4 m² x 0,3846 m/s )  e deunos  0, 53844 m³ /s.
Expresado en litros  seria 53, 844  l   (por segundo).
 Nota: Recordamos que 1 m³ = 1.000 litros.
De volta a escola recollimos un pouco de auga para analizar na aula. Que será a próxima práctica que faremos. Máis no Blogue "Entre Herbas do Ghafos"

Quen me conta un conto? "O carameliño sen cor e sen sabor"





Carla O. A. e Bing Y. C. de 6ºD contáronnos o conto do "Carameliño sen cor e sen sabor".

Letras Galegas 2017 - Dramatización en colaboración coa Asociación Juán XXIII








Ver máis fotos   - O alumnado de 6ºA fixo  unha pequena representación da vida de Carlos Casares, o escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Estiveron connosco actuado os alumnos do Juan XXIII. Rematou o acto cantando o Himno Galego todo alumnado acompañados da gaita que tocou Lucas F. C. de 6ºB. 

17 de maio de 2017

Réplicas de Pintores Galegos (4ºC)

 Extraordinario traballo feito polo alumnado de 4º C durante o curso 2016-17.

O Patrimonio escultórico e arquitectónico da cidade de Pontevedra




Dentro da temática "Bibliotecas Escolares Territorio das Artes" e traballando o Patrimonio Unesco, o alumnado fixo unha foto con algúns dos monumentos que temos na cidade. A arquitectura e a escultura foron as artes elixidas para esta actividade.  Ver máis fotos

14 de maio de 2017

Proxecto Ríos

 Neste curso 2016-17 estamos a participar no "Proxecto Ríos" que oferta a Consellaría de Educación dentro do Programa .  Fixemos unha Etiqueta nova no blog "Entre Herbas do Ghafos" para ir metendo as diferentes actividades que estamos a facer.

Contacontos "O cascabel da gata"



Sofía, Pilar, Marta, Uxía e Nuría de 5ºB contáronos este bonito conto.