XA TEDES NA BIBLIOTECA, UNHA MOREA DE LIBROS SOBRE OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS.
30 de out. de 2018
TEMPO DE CASTAÑAS TEMPO DE COGOMELOS TEMPO DE CABAZAS TEMPO DE MEDOS
25 de out. de 2018
"A poesía, din, é a memoria do mundo". Juan Marqués
A poesía está por todas partes, o que importa é explorar para descubrila. A biblioteca escolar é un lugar privilexiado para estimular esa mirada que xogue a descubrir a poesía que se agocha nas paisaxes, na música, no cine, nunha noite estrelada, no baile do vento na herba, nos seres minúsculos que só podemos ver a través do microscopio, nesa música que engaiola, na palabra dos poetas, na tradición oral, nun texto que nos traspasa e nos obriga a mirarnos, nesa persoa que nos axuda a abrir os ollos para ver o que nos rodea, no último descubrimento científico (eses escutoides descoñecidos até agora), nesa voz que nos fala, nese abrazo que nos agarima...
Hoxe celebramos o día das Bibliotecas Escolares, presentando aos nenos e nenas de PRIMEIRO, a nosa Biblioteca.
Contamos coa colaboración das alumnas de 6º: Ana Trabazo Torres e Carmen
Naveiro Álvarez como conta contos. O libro elexido por elas para esta gran
ocasión foi
" 365 PINGÜINOS" .
Lles damos as gracias dende aquí.
Tamén se presentou neste evento a nosa mascota XAFI, para explicarlle as normas da nosa biblioteca e ademais darlles os seus carnets e un bonito agasallo.
FELICES LECTURAS !!!!!
23 de out. de 2018
"LÉVAME LÉVAME, LÉVAME" Neste curso estase a realizar un espurgo dos libros máis antigos da Biblioteca. Xafi vos invita a votar unha ollada e tamén a levaros o libro, revista, diccionario .... que queirades.
A exposición e o " Punto de Agasallo" será no corredor principal do colexio.
17 de out. de 2018
"MALETA VIAXEIRA"
DE CIENCIAS NATURAIS
Esta semán chegou à nosa biblioteca a MALETA VIAXEIRA.
Ten 42 libros de Ciencias Naturais dos cales atoparemos contos, libros de consulta, de experimentos...
Vinde xa !!!!
A maleta viaxará a outro colexio en menos dun mes.