29 de out. de 2009

O aniversario de Xafi.



Coma todos os anos, os nenos e nenas de educación infantil e o primeiro ciclo de primaria acordáronse do meu aniversario e viñeron a celebralo cun contacontos na biblioteca.
Entregueilles o carnet co seu nome e número para que poidan vir nos recreos a coller un conto para levalo a casa e lelo coa familia.
Así dei comezo a unha nova andadura polos libros de contos que lles amorasán miles de aventuras. Espero despertar en todos a gañas de divertirse lendo os marabillosos contos que se agochan neste recuncho do cole.
Moitas grazas rapaces, pola vosa ledicia e participación, espero que vos divertírades tanto coma min. Un bico.