31 de out. de 2013

Barriga Verde



Xa está nas librerías e bibliotecas a historia dun persoeiro que alegrou a vida de moitos pontevedreses e galegos co seu espetáculo de tiriteiros.

 Ver traballo de María e Marta sobre este autor.

O Neolítico - A agricultura

Pequeno pero bonito traballo feito por Teresa G. de 4ºB sobre a orixe da "Agricultura familiar"

28 de out. de 2013

Pan de Millo


Pan de millo” é un libro-disco publicado por Kalandraka e dirixido a público familiar en que Migallas Teatro reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais que interpreta nos seus espectáculos e actividades de expresión dramática.

Ver vídeo de presentación do libro.

Clica na imaxe para saber máis.

25 de out. de 2013

Os de 1º visitan á biblioteca


Aproveitando a celebración "Do día da Biblioteca", os de 1º visitaron por primeira vez a Biblioteca da escola, xa coñecen a súa mascota Xafi. Agora xa saben que alí teñen unha morea de contos que están esperando viaxar con eles e coas súas historias. Unha delas, a dos Tres Porquiños,  xa llela contou a profe Carmela nesta pequena presentación.

Ver máis fotos.

24 de out. de 2013

24 de Outubro - Día da Biblioteca


O lema elexido este ano pola Consellería é "Ler Ciencia na Biblioteca Escolar". Trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado.

Coíncide a celebración co Día das Nacións Unidas (ONU)

Ler maís

23 de out. de 2013

Es quen de adiviñar esta adiviña?


Clica na imaxe para ver mellor a adiviña

 Estamos a celebrar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, Xafi, a nosa mascota, invítamos a xogar; xogar a adiviñar.