30 de maio de 2017

Santiago de Compostela. Vistando MUPEGA e os tellados da Catedral





Ver máis fotos   -   O alumnado de 5º fixo unha Saída Educativa ( Excursión ) a Santiago de Compostela. Estivemos  pola mañá en MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) e pola tarde  nos tellados da Catedral de Santiago.  Ao medio día desprazámonos ata o Campus Universitario para comer nos seus xardíns. Tivemos un bonito día e por suposto pasámolo moi ben. 

28 de maio de 2017

9ª Semana da Música


Este ano o noso centro participou co alumnado de 6º no IES A Xunqueira na IX Semana da Música. Interpretaron "Sofía" de Álvaro Soler e "Imagine" de J. Lennon.

24 de maio de 2017

Xadrez na Rúa 2017

Dobre cita a organizada pola Escola Xadrez Pontevedra para promocionar o seu deporte na cidade en plena Praza de España.
Alí instalarase unha carpa para acoller, en dous días consecutivos, unha nova edición do Xadrez na Rúa e do torneo Pontexadrez, que chega á súa oitava edición.
O primeiro destes eventos, destinados aos centros escolares, celebrarase o vindeiro venres 26, de 11:00 a 13:15 horas, con partidas simultáneas entre alumnos do CEP Campolongo, CEIP Vidal Portela, CEIP Xunqueira II e Colexio San Xosé.
Ese mesmo día, en horario de tarde, a Escola Xadrez Pontevedra manterá a actividade na carpa con obradoiros de xadrez impartidos polos mestres da escola.
Pola súa banda o sábado 27 de maio terá lugar o Pontexadrez, torneo ao aire libre que está incluído dentro do Circuíto Galego Escolar e que contará coa presenza de xogadores chegados desde diferentes puntos de Galicia e Portugal, desenvolvéndose desde as 11:00 horas.
Entre ambas as citas a Escola Xadrez Pontevedra espera congregar a preto de medio milleiro de xogadores.  Ver os nosos Equipos.  - Ver Fotos

21 de maio de 2017

Equipos do Xadrez na Rúa - Pintores Galegos

Quesada, Maruja Mallo, Quesada, Colmeiro, Alfonso Sucasas, Laxeiro,  Seoane, Castelao, Urbano Lugrís, Carlos Maside, Mª Antonia Dans

19 de maio de 2017

Medindo o caudal do Río Gafos - Proxecto Ríos

Profundidade do río 20 cm de media
Ánades

Collendo auga par analizar a calidade
Peixes: escalos pequenos ó lado das "Espigas de auga"




Nudosillas (Plantas invasoras)
Medindo 10 m para logo ver a velocidade da auga

Ver máis fotos  - Ver no blogue "Entre Herbas do Ghafos"

   Caudal (m³) = sección (m²) x velocidade  (m/s). 

  Hoxe, 19 de maio de 2017, tocou ver o caudal do río do noso tramo no Proxecto Ríos, xunto  con algún peixe (escalo)  e algunhas  "Herbas acuáticas", na que máis nos fixamos destas  foi a "Espiga de Auga". Das non acuáticas atopamos  a "Nudosilla", invasora pero non tanto como a "Tradescantia" ou  Amor de home . Faltábanos ver a velocidade da auga para saber o caudal, para iso tiramos un anaco de rolla dunha botella e cronometramos o tempo en percorrer os 10 m, logo dividimos os metros que percorreu entre os segundos que tardou (26") e deunos, 10 m : 26"  =  0,3846 m/s  . O outro dato sacámolo da anterior saída que fixemos,   sección: anchura (m) x profundidade (m),  7m x 0,20 m = 1, 4 m².  Ancho do río (7 metros) x profundidade da auga  0,20 m (de media) pois a zona máis profunda neste tramo foi de 0,35 m.  Antes de chegar a onde medimos atopamos unha zona con 0,60 m de profundidade, pero esa non a usamos como referencia pois non é o normal por esta zona do río. Con todos estos datos chegamos a fórmula final  para calcular o caudal :
 sección x velocidade  ( 1, 4 m² x 0,3846 m/s )  e deunos  0, 53844 m³ /s.
Expresado en litros  seria 53, 844  l   (por segundo).
 Nota: Recordamos que 1 m³ = 1.000 litros.
De volta a escola recollimos un pouco de auga para analizar na aula. Que será a próxima práctica que faremos. Máis no Blogue "Entre Herbas do Ghafos"

Quen me conta un conto? "O carameliño sen cor e sen sabor"





Carla O. A. e Bing Y. C. de 6ºD contáronnos o conto do "Carameliño sen cor e sen sabor".

14 de maio de 2017

Proxecto Ríos

 Neste curso 2016-17 estamos a participar no "Proxecto Ríos" que oferta a Consellaría de Educación dentro do Programa .  Fixemos unha Etiqueta nova no blog "Entre Herbas do Ghafos" para ir metendo as diferentes actividades que estamos a facer.