Páxinas WEB
24 de outubro DIB
25 de Novembro
8 DE MARZO
8 de Marzo
Actividades
Adiviñas
Anagramas
Animación a Lectura
Aniversarios
ANPA
Arte
Audio
Avaliación
Bibliotecas Escolares
Biografías
Cabeceiras
Cadros vivos
Campañas
Carlos Casares
Cartaces
Celebracións
Ciencia
Científicas
Citas
Combas
Concursos
Congresos
Contacontos
Contos
Correlingua
Curiosidades
Curso 13-14
Curso 14-15
Curso 15-16
Curso 16-17
Curso 17-18
Curso 18-19
Curso 19-20
Curso 20-21
Curso 2009-10
Curso 2012-13
Curtas
Dalle a Lingua
Debuxos
Debuxos animados
DENEP
Deportes
Día do Libro
Dípticos
Documentais
Documentos
Efemérides
Enredos
Entroido
Exposicións
Filatelia
Formación do Usuario
Formularios
Fotos
Frases Célebres
Guías
Historia
Humor
IES Sánchez Cantón
Igualdade
Informática
Kamishibai
Lecturas
Lendas
Letras Galegas
Lexislación
Libros
Ligazóns de interese
Logos
LOMCE
Maio 2017
Maiores
Maios
Manuel María
Maruja Mallo
Mascota
Matemáticas
Mensaxes
Mitoloxía
Mochila Viaxeira
Música
Nadal
Neira Vilas
Novas
Novidades
Papagaio
Parábolas
Persoeiros
Pintura
Pinturas
PLAMBE
Poesía
Ponte Nas Ondas
Premios
Presentacións
Primeiro Ciclo
Proxecto Ríos
Proxectos
Quen me conta un conto?
Quixote
Receitas
Recursos
Reflexións
Refraneiro
Revistas
Rosalía
Sachoconto
Salón do libro
Samaín
Sementando Palabras
Teatro
Traballos
Trotacontos
Unesco
Valores
Videos
Vídeos
webquest
Xadrez
Xeografía
Xogos
Xogos Lim
Xornadas
27 de set. de 2016
26 de set. de 2016
Visitas Escolares na Biblioteca Pública de Pontevedra
A BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA iniciará a partir do 2 de novembro e ata o 31 de maio de 2017, o seu programa de “Formación de usuarios e Animación á lectura” aberto a tódolos centros escolares de Pontevedra e a súa provincia.
As visitas diríxense a nenos e nenas dos cursos de 4º, 5º e 6º de Infantil e 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. A súa duración será aproximadamente de 60 minutos, nos que se van a desenvolver actividades de animación adaptadas ás diferentes idades, coa finalidade de fomentar a lectura e dar a coñecer os servizos e fondos bibliográficos da Biblioteca.
Realizaranse tódolos mércores dúas visitas en horario de mañá de 10:00 a 11:00 horas a primeira e de 11:15 a 12:15 horas a segunda, en grupos de 25 a 30 alumnos.
É necesaria a concertación previa de visitas, na que se deberá indicar: o curso ao que pertezen e a actividade que se escolle, cun límite de catro sesións por colexio.
ÁBRESE O PRAZO O DÍA 3 DE OUTUBRO na Biblioteca Pública en horario de 9 a 14 h. no tlf. 886 159 249.
25 de set. de 2016
A ordenación dos fondos na Biblioteca - A CDU
Artigo relacionado : "Aprende xogando" a
No noso cole as cores dos ciclos son :
1º Ciclo: AZUL 2º Ciclo: VERMELLO 3º Ciclo: Verde
Noutros centros poden cambiar as cores para indicar os ciclos ou niveis pode cambiar.
24 de set. de 2016
Recomendaciòns lectoras do verán 2016 das Bibliotecas Escolares
Estas foron as recomendacións lectoras do verán 2016 das diferentes bibliotecas escolares do PLAMBE
19 de set. de 2016
A Biblioteca Escolar
Aprende xogando, algunhas das cousas sobre como debe funcionar unha biblioteca, cales son as normas, a súa organización, que espazos hai, que fan os axudantes, cales son as partes dun libro ...
Artigo relacionado: "A ordenación dos libros na Biblioteca - A CDU"
Artigo relacionado: "A ordenación dos libros na Biblioteca - A CDU"
No noso cole as cores dos ciclos son :
1º Ciclo: AZUL 2º Ciclo: VERMELLO 3º Ciclo: Verde
Noutros centros poden cambiar as cores para indicar os ciclos ou niveis pode cambiar, como ocorre coa Biblioteca do xogo anterior.
Libros a eito
Lote de libros para compartir do IES Fernando Esquío para os Clubes de Lectura das Biblioteca Escolares.
17 de set. de 2016
Aposta polo futuro - Propostas Unesco - Desenvolvemento Sostible - "Proxecto mozos/as polo cambio" 2016-17
Propostas das Escolas Asociadas Unesco de Desenvolvemento Sostible para o Curso 2016-17.
O informe GEM
"A Educación ó servizo dos pobos e do Planeta" publicado en comic pola UNESCO
Nace "O Papagaio". Xornal mensual para os escolares

Sempre é unha alegría recibir noticias deste tipo, pero se ademais son en galego moito mellor!!! "O Papagaio" é un xornal mensual de oito páxinas a toda cor, dirixido a nenos e nenas de Primaria e Secundaria, no que se tratarán temas de actualidade nas diferentes seccións nas que se divide: Actualidade, Banda Deseñada, Ecoloxía, Ciencia e Tecnoloxía, Histoira e Cultura, Natureza, Integración e Seccións Abertas.
Xa se editou de balde para daren a coñecer o número 0, para que poidades ir desfrutando da lectura desta nova publicación á que, dende o noso blogue, queremos desexarlle moitísima sorte!!! Se premes sobre a imaxe poderás ler o primeiro número.
2 Exemplares cada mes por 64 € ó ano. / 10 exemplares 135 € / 20 exemplares 210 €
Información: 656838830
Información: 656838830
Escarlatina e Bisa Bea, Bisa Bel xa forman parte da lista de honra do IBBY
Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas pasa a formar parte da lista de honra do IBBY (International Board of Booksfor Young People) 2016, que recoñece as mellores publicacións internacionais dedicadas á literatura infantil e xuvenil. A novela, publicada en Xerais, xa fora galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e co Premio Lazarillo.
Estes días cúmprense dous anos da súa publicación e chega á súa oitava edición
Tamén forma parte da lista o escritor e crítico literario Ramón Nicolás pola tradución ao galego de Bisa Bea, Bisa Bel da escritora brasileira Ana María Machado, publicada en Galaxia.
14 de set. de 2016
Maruja Mallo - Homenaxeada no Día das Artes Galegas de 2017
A pintora viveirense Maruxa Mallo vai ser a homenaxeada no Día das Artes Galegas 2017. Así o acordou o plenario da Real Academia Galega de Belas Artes que este sábado se reuniu na Coruña. Segundo puido coñecer Sermos Galiza, os integrantes do pleno decidiron por maioría que fose Mallo a quen se lle adicase o día que pro vez primeira se celebrou este ano, 2016, e que estivo centrado en Castelao. A pintora viveirense collerá o relevo do escritor, político e artista rianxeiro.
13 de set. de 2016
8 de set. de 2016
Deixounos Agustín Fernández Paz
Este verán, en xullo, deixonos un grande escritor, Agustín Fernández Paz, comprometido ate a médula, coa xuventude, cos libros e a súa lectura, e coa lingua galega. No 2015 recibiu o Premio dos Clubes de Lectura, para el un dos mellores agasallos que pode ter un escritor.
Cartel e lema das Bibliotecas Escolares para o curso 2016-17
"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos.
A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos)."
5 de set. de 2016
Curso ALFIN (Alfabetización Informacional)
Está aberto o prazo de inscrición para o curso Alfabetización informacional (ALFIN) para bibliotecas escolares (referencia:G1601056) que se celebrará en rede neste primeiro trimestre do curso. https://www.edu.xunta.es/fprofe/preparaConsultaPublica.do
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)