24 de xuño de 2016

Herbas de San Xoan


O Portal das Palabras : "Chega o verán e co solsticio a noite máis curta e intensa. Estoura a natureza purificadora: a enerxía nocturna, o lume, as ondas, o orballo, as herbas, as augas… que nos preparan para unha nova vida, para un cambio de ciclo. Nesa noite as meigas e as mouras, e en xeral o escuro, fanse máis presentes. Para defendernos e para virar a sorte hai que saltar por riba do lume  ("Salto por riba do lume de S. Xoán, para que non me morda cadela nin can nin bicho vivinte que ande polo chan") , mais tamén podemos botar man das herbas.


Sete herbas ao resío, deixadas a macerar en auga de sete fontes nun cacho. Son case sempre plantas aromáticas e medicinais cunha distribución e dispoñibilidade non xeneralizada por todos os ecosistemas de Galicia, polo que a elección varía segundo o lugar. Un mínimo de sete, polo que facemos unha escolma das máis comúns " : codeso, estalote,  fento macho, fiuncho, herba das feridas, malva, romeu,   (Ver as sete  xuntas) 

 Outras que non tamén se utilizan dependo do lugar : o mexacán, a macela, a hortensia, o allo, o ourego, o loureiro, o velenoso trobisco ou matapulgas, as árbores amieiro, carballo e castiñeiro ou as follas das canas, laranxeiras, figueiras ou noceiras.

22 de xuño de 2016

Teatro - "O bigote de Mimí"





O alumnado de 3ºC representou a obra de teatro "O bigote de Mimí"  de Manuel María. Esta adaptouse  para que poidera participar toda a clase. Enriba tes o vídeo por se queres vela. A duración é de 13 minutos.

Campionato de xadrez 2015-16



1º - SALVADOR MONTES GUERAO
2º - MIGUEL PEREIRA ROMERO
                                         3º - TEODORO MARTIN MARCHANTE LAGO

Artigo relacionado

18 de xuño de 2016

Cae da burra e acelera con nós - 1º Premio de Familias en Pontenciencia 2016

Traballo presentado pola familia Ayude  en Pontenciencia:  Feira da Miniciencia é unha feira de proxectos de investigación escolar aberta ao público.  

Investigaron sobre  curiosidades do tempo de caída e da  aceleración da gravidade en función da masa.

Moedas e billetes antigos

O polifacético Hugo C. C, de 6ºB, tróuxonos unha pequena colección de moedas e billetes antigos para que poidéramos ollar. Algúns son de España, de mediados  do século pasado (1950) . Xa teñen a súa historia e o seu valor. Non os ten calquera. 

A señora vaca - Manuel María



Alumnado de 1º cantando un poema de Manuel María durante o curso 2015-16

16 de xuño de 2016

Praza de Galicia

Traballo feito por Iago H. O. de 5ºC durante o curso 2015-16 e con motivo da saída de Orientación que tivemos co IES Sánchez Cantón.

Ver máis traballos do curso 2015-16

As Pontes sobre o río Gafos


Traballo feito por Mario V.G. de 6ºD durante o curso 2015-16

10 de xuño de 2016

Campionato de Xadrez Curso 2015-16




Comezou un pequeno campionato na Biblioteca agora no final de curso. O que perda unha partida queda eliminado, aínda que se quere pode seguir xogando fóra do mesmo. Os apuntados de 5º son os seguintes: Baquero, Mónica, Salva, Miguel B., Lucas, Carlos, Teo, Leo,  Fernando, Rodrigo, Martín, Manuel, María M., Juan e Miguel G. Animamos a todos os cursos a participar no mesmo. 

Árbores Senlleiras do Concello de Pontevedra

Traballo feito por Clelia M. P. (5ºC) durante o curso 2015-16

9 de xuño de 2016

Xornada Atlántica 2016 - O Bosque de Colón









O alumnado de 4ºB, tivo a sorte, de  celebrar  o Día Mundial  do Medio Ambiente   (5 de xuño) en xornada de convivencia xunto con outras Escolas Asociadas Unesco Galegas. Organizáronse unhas actividades no "Bosque de Colón", en Arís, preto da Escusa-Poio.  Un espazo cheo de secuoias. Estas, 500, trouxéronas os americanos no ano 1992, para conmemorar o 500 aniversario do Descubrimento de América.  Con xa 25 anos están feitas unhas "mozas". No 2006 estiveron a punto de padecer un dos grandes incendios de Poio, por sorte os veciños conseguiron atallalo.  
Pola mañá comezamos pintándonos cada grupo, como actividade de  presentación e integración  , pois estabamos todos repartidos. Logo  cada grupo fixo unha composición artística co material do lugar. Outros tamén fixemos un xogo de pistas coas plantas e as árbores . Estas foron  , preto das secuoias, no merendeiro, nel atopamos  carballos, castiñeiros, loureitos reais, érvedos, estraloques, falsa árnica, carpazas, dentes de león, e tamén, por que non, bosta de cabalo e silvas. Rematamos a mañá co intercambio de árbores entre as escolas. Nós agasallamos cunha Camelia japónica `Caramuxiña´(ver listado de Viveiros Moreira)  que lle tocou ó CEIP Márcos da Portela, e a nós agasalláronnos  cunha "Secuoia" o IES Seoane. Ás 13: 30 h a nosa escola marchou xunto co CEIP  Manuel Vidal Portela. Os demais continuarón coa programación ata ás  16: 30 h máis ou menos . Esta foi  ver e xogar coas composicións feitas polos maiores .  Organizou a actividade  o IES Pedra da Auga . Fixeron unha intervención artística con cordas tecendo primeiro  en sentido horizontal entre as secuoias  "As redes que conectan as secuoias (simbolizando aos pobos de América) son collidas polos nenos e profesores (simbolizando aos pobos desta beira do Atlántico)" . Logo en sentido vertical con forma de teas de araña típicas, presentes a ambos lados do Atlántico, como metáfora do desexo de atrapar a esencia e o espíritu desta xornada para que perdure  no bosque e nas  nosas conciencias.  Estas artistas, tamén crearon  e agasalláronnos coa historia de  "Atlantiña" a fada deste Bosque de Colón. 
  Ver máis fotos

8 de xuño de 2016

PLAMBE - Anexo I (Solicitude de Continuidade)

   Páxina 23070 do DOGA  108 do 8 de xuño do 2016

Anexo VIII - Liñas Prioritarias

 Anexo VIII  - Liñas Prioritarias (páxina 23078) do DOGA 108 do 8 de xuño de 2016

Este documento ten que ir acompañado xunto co Anexo I  (solicitude de querer continuar no PLAMBE)

Hai que mandalo antes do 8 de Xullo de 2016

ENVÍO DOS ARQUIVOS EN FORMATO ELECTRÓNICO CORRESPONDENTES Á MEMORIA PLAMBE 2015-2016

No  Artigo 8, punto 3 da convocatoria Plambe para o curso 2015-2016 indícase que deberá remitirse a esta Asesoría de Bibliotecas escolares a seguinte documentación en formatoPAPEL, que deberá ter entrada nun Rexistro oficial ata o do 10 de xuño de 2016:
  • Anexo IX: Xustificación económica
  • Memoria
  • Plan Anual de Lectura (PAL)
Como, paralelamente, tamén se solicita o envío en soporte electrónico, e para a mellor eficacia do tratamento e almacenamento dos datos, habilítase unha páxina para a entrega dos seguintes ficheiros (en lugar de facer o envío por e-mail):
  • Anexo IXescaneada e en formato PDF.
  • Memoriaen formato PDF, non escaneada.
  • PALen formato PDF, non escaneada.
  • Adicionalmente, o Proxecto Lector de Centro (PLC), só se foi revisado no curso 2015-2016: en formato PDF, non escaneada.
Tamén se poderán remitir outros ficheiros, como imaxes (JPG, PNG) ou outra documentación a través dun ficheiro comprimido en formato ZIP ou dun único enderezo web de descarga (Dropbox, Google Drive...).
Para todo o anterior queda habilitado o seguinte enderezo na nosa páxina:
Prazo de envío dos ficheiros en formato electrónico: ata o 25 de xuño de 2016 (inclusive).

Enderezos PLAMBE

 As dúbidas que teñan que ver cos programas de bibliotecas escolares e de fomento da lectura (plambe, clubs de lectura e outros); as que teñen que ver coas convocatorias que imos sacando (traballo por proxectos, bibliotecas escolares solidarias, etc.), DEBEN DIRIXIRSE DIRECTAMENTE aos correos da Asesoría de bibliotecas escolares que tendesna portada das vosas libretas do programa de bibliotecas escolares, que recibistes todos este ano, coma sempre. Máis ca nada, para non correr riscos de recibir informacións erróneas. 
Tamén aí  (nas libretas) tendes  O ENDEREZO POSTAL, que por certo, vai tamén no pé de todos os documentos que nós xeneramos (anexos de xustificación). 

Asesoría de bibliotecas escolares
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Edif. Administrativo San Caetano, bloque 2, 2º andar
15781 Santiago de Compostela


bibliotecasescolares@edu.xunta.es (XERAL, peticións de material e outros)

asesoria.bibliotecas@edu.xunta.es (para actividades de formación)

bescolares@gmail.com (para blogues de clubs de lectura/banco de libros)

Lembrade que é importante consultar a páxina de cando en vez:
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog
 
Tfno.: 981 54 65 47- 881 99 73 30 – 881 99 76 37 – 881 99 75 62  Fax: 981 54 65 42

Enderezo listado do alumnado para que o metan no meiga: cau.abm@xunta.es

PLAMBE - Visibilidade do LOGO PLAMBE

Memoria PLAMBE Curso 2016-2017 - Contidos que ten que levar



Ver no DOGA 108 do 8 de xuño de 2016
Páxinas 23065-6

Convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2016/2017


7 de xuño de 2016

Salón do Libro - Título para o 2017- "O mundo que queremos"

O título da vindeira edición do Salón do libro, a número XVIII: “O mundo que queremos”.
O lema, lonxe de ser unha utopía, pretende aunar aportacións reais, tanxibles e factibles para construir ese mundo mellor. Queremos englobar temas como o coidado do medio , a saúde, a integración e a igualdade, cuestións como accesibilidade e a mobilidade, o respecto , a inmigración ou a vellez, a solidariedade, a investigación en todos os seus ámbitos, etc.
Tendemos a idealizar as accións para conseguir o mundo que queremos sen plantexarnos que ese cambio empeza en nós, individual e colectivamente, na nosa actitude, no xeito de tratar aos demais e ao noso entorno, de investir esforzos en buscar solucións aos problemas ou á realidade, aportando o mellor de nós mesmos e dos nosos coñecementos, na medida que formamos parte da sociedade na que vivimos.
Todas esas accións que podemos levar a cabo a diario, son as que busca “O mundo que queremos”.

A organización do Salón do Libro

4 de xuño de 2016

Enderezo para mandar as MEMORIAS PLAMBE

DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS
Consellería de Cultura, Educación e O. Universitaria
Edif. Adm. San Caetano, bloque 2, 2º
15781 Santiago de Compostela

O prazo para mandar é ata o día 10 para o envío da memoria por correo ordinario e, que a copia en formato dixital, pode enviarse ata o 25 de xuño. Todos os documentos en formato pdf. 
Tamén que hai habilitada unha páxina para enviala (non facelo por mail): 

Especies invasoras co Arxil 3x3