29 de mar. de 2016

Actividade "Ollada Poética" - 21 de Marzo - Día da poesía

Todos os cursos participaron nesta simpática actividade onde había que recompoñer e ilustrar un poema que anteriormente se rompera en versos.  Foron moitos os que se esmeraron . Noraboa a tod@s. Deixamos aquí unha pequena mostra dos mesmos . Se queres velos todos clica aquí 

18 de mar. de 2016

Quen me conta un conto? - Os Bolechas / Culetes / A aboa do novelo branco






Este venres, aproveitando que tivemos mal tempo, foron varios os contos que o alumnado de 6ºA, Nel, Alexis, Pilar e Araceli interpretaron cos máis pequenos da escola. Co de "Culetes" pasárono moi ben. Parabéns para todos!!

10 de mar. de 2016

O médico vello e o médico novo

Un vello doutor estaba moi aburrido logo de xubilarse así que decidiu abrir un novo centro clínico. Puxo un letreiro fóra que dicía: Doutor Martínez.  "Obtén o teu tratamento por 500 dólares e se non se cura recibirás 1000 dólares a cambio". Xusto no barrio estaba o Doutor Lozano, un mozo médico que cría que este vello pouco podía saber de medicamento así que decidiu ir gañarse os 1000 dólares de recompensa e foi visitalo.

Doutor Lozano: "Doutor Martínez, perdín todo o gusto da miña boca. Poderíame axudar?"

Doutor Martínez: "Enfermeira, por favor traia o medicamento da caixa 22 e déalle tres gotas na boca do señor".

Doutor Lozano: "Puaj! Pero se isto é gasolina!".

Doutor Martínez: "Felicitacións! Vostede recuperou o gusto. Son 500 dólares".

O doutor Lozano retirouse moi cabreado polo truco do seu ancián colega e decidiu volver un par de días despois para recuperar o seu diñeiro.

Doutor Lozano: "Perdín a miña memoria. Non lembro nada".

Doutor Martínez: "Enfermeira, por favor traia o medicamento da caixa 22 e déalle tres gotas na boca do paciente".

Doutor Lozano: "Bah! Non o faga! Iso é gasolina".

Doutor Martínez: "Felicitacións! Vexo que recuperou a súa memoria. Son 500 dólares por favor".

Novamente o doutor Lozano foise moi cabreado da consulta de Martínez perdendo mil dólares. Pero era tan terco que decidiu volver unha semana despois para recuperar todo o seu diñeiro.

Doutor Lozano: "A miña vista tornouse moi débil. Con sorte podo ver un pouco?

Doutor Martínez: "Síntoo, pero para iso non teño ningún medicamento. Así que aquí ten os seus 1000 dólares de volta (entrégalle  un billete de 10 dólares).

Doutor Lozano: "Pero isto son só 10 dólares!"

Doutor Martínez: "Parabéns! Recuperou a súa vista. Son 500 dólares?.

Teléfonos da Asesoría de Bibliotecas


7 de mar. de 2016

Trotacontos do 2011- "O bolo máxico" (Infantil)


Clica na imaxe para ver o conto.

Ver tamén o conto de Primaria. "A mofeta cheira ben"

Balea Varada

Presentación dun conto onde se enlazan varias lendas galegas, case todas de Poio, recollidas no curso 2008-2009 no CEIP Isidora Riestra.
Podes ir avanzando as páxinas ou ver as diapositivas  cada 10" .  Ver as lendas en  Galicia Encantada, co nome "As orixes de Galicia". Vela e  descargala en "Autostream"

A Mofeta Cheira Ben - Trotacontos do 2011


O conto foi elaborado ó longo do curso polos seguintes colexios: - CEIP Santo André de Xeve - EEI. Verducido - CEIP Marcón - CEIP Campolongo - CEIP Parada Campañó - CEIP San Benito de Lérez Fotos do encontro dos colexios.

 Ver conto de infantil:"Breogán e o bolo máxico".


2 de mar. de 2016

Proposta teatral Salón do Libro 2016 - "Canta Bichería"

  Clicando na imaxe poderás ver a oferta teatral  que hai este ano no Salón do Libro. Vai incluída unha breve explicación das obras e as idades recomendadas.

Hai que apuntarse antes do 9 de marzo.


V CAMPAÑA POLA ORALIDADE

A historia do burro que caeu nun pozo

Un día, o burro dun campesiño caeu nun pozo. O animal chorou fortemente por horas, mentres o campesiño trataba de buscar algo que facer. Finalmente, o campesiño decidiu que o burro xa estaba vello e o pozo xa estaba seco e necesitaba ser tapado de todos os xeitos; polo que realmente non valía a pena sacar ao burro do pozo. Convidou a todos os seus veciños para que viñesen axudarlle. Cada un agarrou unha pa e empezaron a tirarlle terra ao pozo.

 O burro, deuse conta do que estaba a pasar e chorou a máis non poder. Logo, para sorpresa de todos,  calou  despois de unas cantas paladas de terra. O campesiño finalmente mirou ao fondo do pozo e sorprendeuse do que viu,  con cada palada de terra, o burro estaba a facer algo incrible: Sacudía a terra e daba un paso enriba dela.

Moi pronto todo o mundo viu sorprendido como o burro chegou ata a boca do pozo, pasou por encima do bordo e saíu trotando.

Moralexa:    A vida vai a tirarche terra, todo tipo de terra,  o truco para saír do pozo é sacudirla e usala para dar un paso cara arriba.  Cada un dos nosos problemas é un chanzo cara arriba. Podemos saír dos máis profundos ocos se non nos damos por vencidos.

Usa a terra que che botan para saír adiante!