Actividade feita para homenaxear a Rosa Parks, persoeira elixida polas Escolas Asociadas Galegas Unesco no DENEP deste curso 2020-21. Se queres facer ben os xogos primeiro sería mellor ler a súa biografía (versión longa) ou ver esta presentación (versión curta) . Outro xogo sobre Rosa Park telo neste Brincaletras .
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións b>. Amosar todas as publicacións
26 de xan. de 2021
Rosa Parks
6 de maio de 2017
Día do libro - 2ª Sesión, os pequenos len ós maiores
Nesta segunda sesión os pequenos léronlle un conto ós maiores.
Ver as fotos da primeira sesión, lendo os maiores ós pequenos.
Etiquetas:
Actividades,
Celebracións,
Curso 16-17,
Día do Libro,
Fotos
24 de abr. de 2017
Lectura colectiva no Día do Libro - 1ª Sesión
Primeira sesión, onde os maiores leron ós pequenos. O venres continua a segunda parte. Ver fotos 1 - Máis na páxina web do cole - Artigo relacionado
Etiquetas:
Actividades,
Celebracións,
Curso 16-17,
Día do Libro
Poema e reflexión da lingua de Rosalía Fernández no Día Do Libro
Etiquetas:
Celebracións,
Curso 16-17,
Día do Libro,
Poesía
19 de abr. de 2017
Día do Libro : 23 de Abril
Lectura colectiva , despois do recreo, no Patio das Celebracións . O luns 24 de abril un grupo le a outro individualmente e o venres 28 de abril intercámbiase os papeis. A elección dos libros será libre por parte do alumnado (libros da casa ou escollidos na biblioteca).Os cursos están repartidos do seguinte xeito:
6ºA con 3ºA // 6ºB con 3ºB // 6ºC con 3ºC // 6ºD con 4ºD
5ºA con 2ºA // 5ºB e 5ºD con 2ºB // 5ºC con 2ºB
4ºA con 1ºA // 4ºB con 1ºB // 4ºC con 1ºC
NOTA. Como os cursos son impares os grupos 5ºB e 5ºD repártense 2ºB: dous alumnos de 5ºB lenlle a un de 2ºB. Deste xeito 5ªB e 5ºD colle a metade cada un deste grupo. Máis
Etiquetas:
Actividades,
Celebracións,
Curso 16-17,
Día do Libro
7 de abr. de 2017
Rincón da Poesía no Día da Poesía
Aínda que o 21 de marzo é o Día da Poesía, nós estivemos todo o inicio da primavera poñéndo algunhas no "Rincón da Poesía". Ver mais poesías
Etiquetas:
Actividades,
Celebracións,
Curso 16-17,
Poesía
4 de abr. de 2017
Manualidades - Facer un "Maio" en cartulina
Descarga e imprime en cartulina fina (ou en folio) e logo recorta par colorear e diseñar o teu Maio. Todas as figuras están feitas a escala.
Este deseño foi feito e donado ó centro por Moisés A. S.
Este deseño foi feito e donado ó centro por Moisés A. S.
Etiquetas:
Celebracións,
Curso 16-17,
Maio 2017,
Maios
30 de mar. de 2017
27 de mar. de 2017
4 de mar. de 2017
24 de feb. de 2017
Algunhas fotos do Entroido
Etiquetas:
Celebracións,
Curso 16-17,
Entroido,
Fotos
21 de feb. de 2017
Adiós Ríos, Adios Fontes - Rosalía de Castro /Astarot- Versión longa e versión curta
Proposta de actividade: Para a semana de Rosalía (24 de febreiro), que pode ser a volta das vacacións do entroido (días 2 ou 3 de marzo ) imos aprender e cantar este poema , interpretado polo polo grupo Astarot. O alumnado de 5º e 6º irá polos demais cursos para acompañar cantando esta canción a todo o alumnado. Poremos este vídeo de fondo para cantar e levar todos o mesmo ritmo (Tipo Karaoke). Os nenos xa poden ir aprendendo algo a canción, deixarémoslle o poema escrito para acompañar a canción. Aqueles que a aprendan, igual, tamén a poden cantar na Semana das Letras Galegas. O primeiro vídeo ten a letra e a música. O segundo só lo a música. Remataremos o acto recitando dúas estrofas en yogote. (VER VÍDEO COA ACTIVIDADE FEITA)
Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
caminiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adiós!
¡Adiós groria! ¡Adiós contento,
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por extraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡quen pudera no o deixar...!
|
Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
Xa se oien lonxe, máis lonxe...
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...
Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!
¡Adiós tamén, queridiña...!
¡Adiós por sempre quizais...!
Dígoche este adiós chorando
desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!, ¡meu lar!
Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos
|
Etiquetas:
Actividades,
Celebracións,
Curso 16-17,
Música,
Rosalía
20 de feb. de 2017
23 de xan. de 2017
16 de xan. de 2017
Frase acompañada de Yogote no DENEP 2017
Esta cita ou frase é sacada do Corán e utilizada por Fátima para defender a bondade da relixión musulmuna.
Ver outras outras citas dela.
Ver outras outras citas dela.
13 de xan. de 2017
27 de dec. de 2016
O Nadal
“Nós. Historias de Nadal” é un programa de humor, que ten como protagonistas a Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán, acompañados doutros actores para dar vida a catro sketchs en que repasan as tradicións das festas de Nadal.
Arranca cunha discusión familiar sobre as celebracións propias destas datas para dar paso a unha viaxe pola historia, na que, en clave de humor, Pereiro e Touriñán amosan a idiosincrasia e costumes dos galegos en diferentes períodos, que analiza un profesor-erudito para chegar á conclusión de que pouco cambiaron as cousas.
Este singular percorrido pola historia facémolo con dous traballadores da Idade de Bronce encargados da construcción dun dolmen, un lexionario e un habitante dun castro que son veciños e representan a modernidade e a tradición, os antigos construtores das catedrais, os campesiños e fidalgos que ocupaban as vilas galegas entre fins do século XVIII e comezos do XIX, e unha parella disposta a emigrar, xa na Época Contemporánea.
Con estes personaxes, o programa viaxa a través da Prehistoria, o período coñecido como Romanización, a Idade Media, os anos de transición entre os século XVIII e XIX e os das grandes migracións do século XX.
Os protagonistas das historias aproveitan, entre chiste e chiste, para introducir curiosidades sobre o Nadal.
Etiquetas:
Celebracións,
Curso 16-17,
Historia,
Humor
22 de dec. de 2016
Tarxetas gañadoras no concurso de NADAL 2016
Etiquetas:
Actividades,
Celebracións,
Concursos,
Curso 16-17
26 de nov. de 2016
25 de nov. de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







