13 de mar. de 2010


A piques de cumprir os noventa anos déixanos Miguel Delibes, nun día de marzo
 ao igual que o protagonista da súa novela Cinco horas con Mario
A literatura española, en xeral, e a narrativa da postguerra, en particular, perden a 
un dos seus máis senlleiros cultivadores.

Hoxe finou o pai de Daniel
el Mochuelo e Camila la Lepórida, de la Régula e Azarías,
de Malvino e doña Resu, de Vítora e Quico, de Cipriano Salcedo e Catalina de 
Bustamante... Eles e tódolos demais protagonistas da súa vasta obra están de loito,
nós unímonos a este loito tentando coñecer un pouco mellor a obra deste vallisoletano 
universal.

É proverbio latino: as verbas voan, o escrito permanece. Delibes, ao longo da súa 
vida, usou millóns de verbas, moitas voaron (igual que hoxe a súa existencia 
corporal) pero milleiros e milleiros delas fixéronse carne nos seus libros e habitan 
nas bibliotecas (na nosa tamén) e fan inmortal ao escritor. Aproveitemos o seu
 legado lendo algúns dos seus textos; no instituto atoparedes: La sombra del ciprés 
es alargada, El camino, Las ratas, Cinco horas con Mario, El príncipe destronado, 
Los santos inocentes e Señora de rojo sobre fondo gris.

Descanse en paz Miguel Delibes!
Delibes co seu inseparable xornal
A triste nova no Xornal de Galicia. Especial sobre Delibes no xornal El País

Se queres ver a serie O camiño, preme aquí.


Ningún comentario: