28 de dec. de 2013
Botlle
Unha historia de amor imposible
Invictus
Nelson Mandela recitaba en prisión este poema de William Ernest Henley para conseguir os azos suficientes para continuar vivindo:
INVICTUS
Fóra da noite que me cobre,
Negra como abismo de polo a polo,
Dou grazas ó deus que for
Pola miña alma inconquistable.
Nas feroces poutas da circunstancia
Nin xemín nin berrei
Baixo os golpes do azar
Baixo os golpes do azar
A miña cabeza sangra, pero non se inclina
Máis alá deste lugar de ira e bágoas
É inminente o Horror da sombra,
E porén a ameaza dos anos
Atópame e atoparame sen medo.
Non importa o estreita que sexa a porta
Nin o cargada de castigos a sentenza
Son o amo do meu destino
19 de dec. de 2013
Libros recomendados para este Nadal 2013-14
5 de dec. de 2013
XV Salón do Libro - Cartel - Edición 2014
Neste curso 2013-14, a XV Edición do Salón do Libro, leva por título "Cociñando contos".
Xa sabedes .... A cociñar !!!
Receitas do mundo
Como vedes imos xogar coas receitas de todo o mundo, hai que buscalas, escribilas, facerlle unha foto .... e por suposto probalas para saborealas. Recordade que este ano o Cartel da XV Edición do Salón do Libro é "Cociñando Contos".
9 de nov. de 2013
31 de out. de 2013
Barriga Verde
Xa está nas librerías e bibliotecas a historia dun persoeiro que alegrou a vida de moitos pontevedreses e galegos co seu espetáculo de tiriteiros.
Ver traballo de María e Marta sobre este autor.
O Neolítico - A agricultura
Pequeno pero bonito traballo feito por Teresa G. de 4ºB sobre a orixe da "Agricultura familiar"
28 de out. de 2013
Pan de Millo
“Pan de millo” é un libro-disco publicado por Kalandraka e dirixido a público familiar en que Migallas Teatro reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais que interpreta nos seus espectáculos e actividades de expresión dramática.
Ver vídeo de presentación do libro.
Clica na imaxe para saber máis.
26 de out. de 2013
25 de out. de 2013
Os de 1º visitan á biblioteca
Aproveitando a celebración "Do día da Biblioteca", os de 1º visitaron por primeira vez a Biblioteca da escola, xa coñecen a súa mascota Xafi. Agora xa saben que alí teñen unha morea de contos que están esperando viaxar con eles e coas súas historias. Unha delas, a dos Tres Porquiños, xa llela contou a profe Carmela nesta pequena presentación.
Ver máis fotos.
Ver máis fotos.
24 de out. de 2013
24 de Outubro - Día da Biblioteca
O lema elexido este ano pola Consellería é "Ler Ciencia na Biblioteca Escolar".
Trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado.
Coíncide a celebración co Día das Nacións Unidas (ONU)
Coíncide a celebración co Día das Nacións Unidas (ONU)
Ler maís
23 de out. de 2013
Es quen de adiviñar esta adiviña?
Clica na imaxe para ver mellor a adiviña
Estamos a celebrar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, Xafi, a nosa mascota, invítamos a xogar; xogar a adiviñar.
25 de xuño de 2013
11 de abr. de 2013
3 de abr. de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)