29 de nov. de 2015

Errantes

A obra, publicada a través do editorial Taller do Poeta, de Fernando Luís Pérez Poza, é un conto que fai referencia aos nosos antepasados nómades e reflexiona sobre a reacción social que podería ter un grupo de homínidos se, dun momento para outro, un dos seus membros pasase a ser un dependente ou discapacitado. O pensamento do autor, cando se expuxo a historia, era especular sobre a idea de se estes seres xa contaban coa empatía o suficientemente desenvolvida como para coidar e adaptar a súa vida ás novas circunstancias ou, se pola contra, abandonaríano, algo que ocorría mesmo en épocas moi posteriores.

O conto, con ilustracións de Rafael J. Perdomo, está dirixido a nenos-adolescentes e pretende ser unha alegación en defensa das sociedades plurais, xa que, independentemente das nosas capacidades e limitacións, todos podemos achegar o noso gran de area ao mundo.

No fondo, o que o autor quixo tratar foi o tema da ética, o respecto e sobre todo, a importancia de aceptarse a un mesmo e demostrar así que por cada discapacidade que podamos ter, posuímos moitas máis capacidades. Polo que a vida, sempre merece a pena.

Sergio González é un pontevedrés amante da súa cidade e a súa historia, interesado pola cultura e usuario da Asociación Amencer-Aspace (Asociación de Atención á Parálisis Cerebral e Afíns). Errantes é o seu terceiro libro tras A vida é bela (2006) e O meu Rosa (2009), ambos de poesía.

Ningún comentario: