6 de feb. de 2016
O bosque animado
O bosque animado de Wenceslao Fernández Flórez.
Obra escrita orixinalmente en castelán e traducida ao galego por Xela Arias para Xerais
Vocabulario do bosque animado:
CEDRO: conífera de gran altura que varía segundo a orixe. Haina do norte de África, do Himalaia, de Norteamérica. A súas piñas son redondas e máis pequenas ca as do piñeiro común. A súa madeira sempre foi moi estimada para facer lápises.
NOGUEIRA: árbore das noces
VIMBIEIRA: árbore da familia dos salgueiros que dá varas idóneas para a confección de cestos, canastos ou paxes.
GANDO: conxunto de animais cuadrúpedos que se crían para tirarlle o leite ou a carne.
EMBORRALLAR: encher de borralla, enzoufar, estercar.
GORIDA: tobo, refuxio dos animais salvaxes.
RENXER: facer un ruído característico as portas ou ventas de madeira.
RABUÑAR: esgazar a pel con algo cortante
TEIMA: obsesión, idea fixa
ESCORRENTAR: axotar, facer fuxir
RUEIRO: conxunto de casas, aldea
AMOLAR, contrariar, facer rabear alguén.
RACHA: pode ser de vento ou de madeira. Esta última é cando esgazas a madeira en dirección á veta, cada fragmento é unha racha o acha.
GRAN: de millo, de centeo. Cada unha das sementes que dá unha planta.
REGATOS: ríos pequenos, regueiros
FUNGOS: hainos microscópicos e hainos visibles. Estes últimos son setas ou cogomelos.
OURIVE: artesán que fai xoias
PORCO TEIXO. teixugo, pequeno mamífero carnívoro común no bosque atlántico.
PICAPINOS ou PAXARO CARPINTEIRO ou PETO: paxaro de tamaño medio que fai o seu niño no tronco dos piñeiros practicando un furado
RODEIRAS: as marcas que deixan as rodas do carro nas grandes pedras que enlaxan os camiños
MORCEGO: mamífero insectívoro nocturno dotado de voo. Guíase polo sentido acústico, actuando o seu oído como un radar.
FENDA, grecha, laño, fendedura. Corte que presenta a superficie de calquera materia.
FUCIÑO: lugar na cara dun animal onde converxen o nariz e a boca
TÉPEDO: nin quente nin frío, morno
CADEIRA: asento con respaldo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario