Profundidade do río 20 cm de media |
Ánades |
Collendo auga par analizar a calidade |
Peixes: escalos pequenos ó lado das "Espigas de auga" |
Nudosillas (Plantas invasoras) |
Medindo 10 m para logo ver a velocidade da auga |
Ver máis fotos - Ver no blogue "Entre Herbas do Ghafos"
Caudal (m³) = sección (m²) x velocidade (m/s).
Caudal (m³) = sección (m²) x velocidade (m/s).
Hoxe, 19 de maio de 2017, tocou ver o caudal do río do noso tramo no Proxecto Ríos, xunto con algún peixe (escalo) e algunhas "Herbas acuáticas", na que máis nos fixamos destas foi a "Espiga de Auga". Das non acuáticas atopamos a "Nudosilla", invasora pero non tanto como a "Tradescantia" ou Amor de home . Faltábanos ver a velocidade da auga para saber o caudal, para iso tiramos un anaco de rolla dunha botella e cronometramos o tempo en percorrer os 10 m, logo dividimos os metros que percorreu entre os segundos que tardou (26") e deunos, 10 m : 26" = 0,3846 m/s . O outro dato sacámolo da anterior saída que fixemos, sección: anchura (m) x profundidade (m), 7m x 0,20 m = 1, 4 m². Ancho do río (7 metros) x profundidade da auga 0,20 m (de media) pois a zona máis profunda neste tramo foi de 0,35 m. Antes de chegar a onde medimos atopamos unha zona con 0,60 m de profundidade, pero esa non a usamos como referencia pois non é o normal por esta zona do río. Con todos estos datos chegamos a fórmula final para calcular o caudal :
sección x velocidade ( 1, 4 m² x 0,3846 m/s ) e deunos 0, 53844 m³ /s.
Expresado en litros seria 53, 844 l (por segundo).
Nota: Recordamos que 1 m³ = 1.000 litros.
De volta a escola recollimos un pouco de auga para analizar na aula. Que será a próxima práctica que faremos. Máis no Blogue "Entre Herbas do Ghafos"

Ningún comentario:
Publicar un comentario