Ver máis fotos - O alumnado de 5º fixo unha Saída Educativa ( Excursión ) a Santiago de Compostela. Estivemos pola mañá en MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) e pola tarde nos tellados da Catedral de Santiago. Ao medio día desprazámonos ata o Campus Universitario para comer nos seus xardíns. Tivemos un bonito día e por suposto pasámolo moi ben.
30 de maio de 2017
28 de maio de 2017
9ª Semana da Música
Este ano o noso centro participou co alumnado de 6º no IES A Xunqueira na IX Semana da Música. Interpretaron "Sofía" de Álvaro Soler e "Imagine" de J. Lennon.
27 de maio de 2017
Debuxos do Concurso de Xadrez
| Finalistas |
| Recollendo o Premio |
| As artistas do debuxo |
| Todos os debuxos |
Campolongo consegue o segundo premio no Concurso de Debuxos da VIII Edición do Xadrez na Rúa - O primeiro foi para o Colexio S. Xosé - Ver fotos da Xornada - Máis na Etiqueta Xadrez
Fotos da VIII Xornada de Xadrez Na Rúa
24 de maio de 2017
Xadrez na Rúa 2017
Dobre cita a organizada pola Escola Xadrez Pontevedra para promocionar o seu deporte na cidade en plena Praza de España.
Alí instalarase unha carpa para acoller, en dous días consecutivos, unha nova edición do Xadrez na Rúa e do torneo Pontexadrez, que chega á súa oitava edición.
O primeiro destes eventos, destinados aos centros escolares, celebrarase o vindeiro venres 26, de 11:00 a 13:15 horas, con partidas simultáneas entre alumnos do CEP Campolongo, CEIP Vidal Portela, CEIP Xunqueira II e Colexio San Xosé.
Ese mesmo día, en horario de tarde, a Escola Xadrez Pontevedra manterá a actividade na carpa con obradoiros de xadrez impartidos polos mestres da escola.
Pola súa banda o sábado 27 de maio terá lugar o Pontexadrez, torneo ao aire libre que está incluído dentro do Circuíto Galego Escolar e que contará coa presenza de xogadores chegados desde diferentes puntos de Galicia e Portugal, desenvolvéndose desde as 11:00 horas.
Entre ambas as citas a Escola Xadrez Pontevedra espera congregar a preto de medio milleiro de xogadores. Ver os nosos Equipos. - Ver Fotos
21 de maio de 2017
Equipos do Xadrez na Rúa - Pintores Galegos
19 de maio de 2017
Medindo o caudal do Río Gafos - Proxecto Ríos
| Profundidade do río 20 cm de media |
![]() |
| Ánades |
| Collendo auga par analizar a calidade |
| Peixes: escalos pequenos ó lado das "Espigas de auga" |
| Nudosillas (Plantas invasoras) |
| Medindo 10 m para logo ver a velocidade da auga |
Ver máis fotos - Ver no blogue "Entre Herbas do Ghafos"
Caudal (m³) = sección (m²) x velocidade (m/s).
Caudal (m³) = sección (m²) x velocidade (m/s).
Hoxe, 19 de maio de 2017, tocou ver o caudal do río do noso tramo no Proxecto Ríos, xunto con algún peixe (escalo) e algunhas "Herbas acuáticas", na que máis nos fixamos destas foi a "Espiga de Auga". Das non acuáticas atopamos a "Nudosilla", invasora pero non tanto como a "Tradescantia" ou Amor de home . Faltábanos ver a velocidade da auga para saber o caudal, para iso tiramos un anaco de rolla dunha botella e cronometramos o tempo en percorrer os 10 m, logo dividimos os metros que percorreu entre os segundos que tardou (26") e deunos, 10 m : 26" = 0,3846 m/s . O outro dato sacámolo da anterior saída que fixemos, sección: anchura (m) x profundidade (m), 7m x 0,20 m = 1, 4 m². Ancho do río (7 metros) x profundidade da auga 0,20 m (de media) pois a zona máis profunda neste tramo foi de 0,35 m. Antes de chegar a onde medimos atopamos unha zona con 0,60 m de profundidade, pero esa non a usamos como referencia pois non é o normal por esta zona do río. Con todos estos datos chegamos a fórmula final para calcular o caudal :
sección x velocidade ( 1, 4 m² x 0,3846 m/s ) e deunos 0, 53844 m³ /s.
Expresado en litros seria 53, 844 l (por segundo).
Nota: Recordamos que 1 m³ = 1.000 litros.
De volta a escola recollimos un pouco de auga para analizar na aula. Que será a próxima práctica que faremos. Máis no Blogue "Entre Herbas do Ghafos"
sección x velocidade ( 1, 4 m² x 0,3846 m/s ) e deunos 0, 53844 m³ /s.
Expresado en litros seria 53, 844 l (por segundo).
Nota: Recordamos que 1 m³ = 1.000 litros.
De volta a escola recollimos un pouco de auga para analizar na aula. Que será a próxima práctica que faremos. Máis no Blogue "Entre Herbas do Ghafos"
Etiquetas:
Actividades,
Curso 16-17,
Fotos,
Proxecto Ríos
Quen me conta un conto? "O carameliño sen cor e sen sabor"
Etiquetas:
Actividades,
Curso 16-17,
Fotos,
Quen me conta un conto?
18 de maio de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
