17/10/2018


                        "MALETA  VIAXEIRA"

                                             DE CIENCIAS NATURAIS




Esta  semán  chegou à nosa  biblioteca  a  MALETA  VIAXEIRA.  

Ten  42  libros  de  Ciencias  Naturais dos  cales  atoparemos contos, libros  de  consulta,  de  experimentos... 

Vinde  xa !!!! 

A  maleta  viaxará  a  outro  colexio  en  menos  dun  mes.


28/09/2018

COMEZO DO CURSO


              DE  NOVO  CON  MOITA  ILUSIÓN !!
            Aquí  vos  deixo  o  cartel   de  Bibliotecas   Escolares   deste  curso
                      

Na liña de traballo de elaboración de materiais para o profesorado, en apoio do seu labor na dinamización das bibliotecas escolares, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar un material que chegará aos centros na primeira quincena de setembro. Trátase dunha versión ILUSTRADA da adaptación da Clasificación Decimal Universal para bibliotecas escoalares que se realizara a comezos deste programa, no ano 2004
Óscar Villán, debuxante que xa elaborara outros materiais para a sinalización das bibliotecas escolares, foi o encargado da realización desta CDU ILUSTRADA, que agardamos poida servir de motivación nas actividades de formación de persoas usuarias das bibliotecas escolares. 
A Clasificación Decimal Universal (CDU) é un sistema estandarizado polo que se distribúen todos os documentos relacionados co coñecemento humano en 10 categorías que, á súa vez, se van subdividindo noutras 10 categorías (e así sucesivamente), na medida en que se precisa maior concreción. Para os centros de infantil e primaria non se recomenda pasar dos dous díxitos, aínda que algunhas categorías, das que pode haber moito material na biblioteca, podería chegar aos tres díxitos.