30 de dec. de 2015

Un dos mellores agasallos


Conto Viaxeiro - Primaria- 2015-16


ORDE

COLEXIO

PERÍODO DE TEMPO

Nº DE PÁXINAS


CEIP DE PARADA – CAMPAÑÓ

Finais novembro – decembro 2015
(envío ó colexio seguinte o LUNS 04 DE XANEIRO como máximo)

2 + portada



CEP DE CAMPOLONGO
Ver páxina 3
Ver páxina 4


Xaneiro 2016
(envío ó colexio seguinte o VENRES 29 DE XANEIRO como máximo)

2


CEIP PLURILINGÜE SAN BENITO DE LÉREZ
Ver páxina 5
Ver páxina 6

Febreiro 2016
(envío ó colexio seguinte o LUNS 29 DE FEBREIRO como máximo)

2


EEI DE VERDUCIDO
Páxina 7
Páxina 8

Marzo 2016
(envío ó colexio seguinte o XOVES 31 DE MARZO como máximo)

2


CEP MARCOS DA PORTELA
Páxina 9
Páxina 10

Abril 2016
(envío ó colexio seguinte o VENRES 22 DE ABRIL como máximo

2
COUSAS A TER EN CONTA
Nº de páxinas
    • 2 PÁXINAS POR CONTO ESCOLA
Formato
    • FORMATO DIN A3
Título de Primaria
(Provisional)
Márxenes
    • RESPECTAR OS “MÁRXENES” E NON ESCRIBIR NOS BORDES


Que enviar?
    • ENVIAR Ó COLEXIO SEGUINTE  E Ó COLEXIO ORGANIZADOR :
    • 2 FOTOS DOS RAPACES POR CONTO
    • A PÁXINA ESCANEADA DAS PÁXINAS FEITAS POR VÓS
    • A/S PÁXINAS FEITAS POLOS COLEXIOS ANTERIORES

Puntualidade
    • AGRADECERÍASE PUNTUALIDADE NOS ENVÍOS 
    • No caso de rematar antes do prazo  MELLOR.

Propostas
    • Acéptanse propostas ó longo da elaboración do Conto Viaxeiro. 
Entrega Final
    • Os TRABALLOS ORIXINAIS entregaranse no CEP DE CAMPOLONGO o venres, 22 de abril, ata as 14h. 

27 de dec. de 2015

Os Trubincos, trasnos propios do Nadal

Por Rafa Quintiá: "En Salcedo atopamos unha particular variedade de trasno que vén facer fincapé na riqueza que ten Galicia en seres míticos e, como non, en seres míticos asociados ao Nadal. Refírome aos Trubincos, e deles faloume hai xa uns anos o Sr. Juan Piñeiro, do lugar da Cancela. Os trasnos son uns seres míticos cuxo entretemento principal é causar na casa desordes, enredos e outras trasnadas. Os trasnos fan ruídos nocturnos, molestan, agachan as cousas, sementan confusión e non deixan durmir. Pero os Trubincos son unha caste de trasnos propios do Nadal. Estas criaturas amigas do enredo e de remexer as cousa, baixan pola cheminea na noite de Noiteboa e se na casa non se teñen preparadas unhas piñas con brea para darlles como agasallo fanche trasnadas e revólvenche todo no fogar"

Feliz 2016


20 de dec. de 2015

A vella árbore


Unha asollada mañá un fermoso paxariño decidiu pararse nunha das secas ramas dunha vella árbore.

Mentres o ave limpaba coidadosamente a súa vermella plumaxe, escoitou que a árbore se lamentaba:
-Que triste me sinto! Antes era belo e frondoso, agora só son unha chea de fráxiles ramas! A quen lle importa unha árbore que non dá froitos! Nin sequera os nenos queren rubirme!
-A que se debe tanta desdicha?- preguntou o paxariño á árbore.
-Pois verás, hai máis de dous meses que os donos desta casa  se foron e desde ese día non probei unha soa gotiña de auga, se non chove pronto seguro que morrerei.
-Oh! Que triste! Quixere axudarche, pero non sei como, só son un pequeno paxariño.
-Crees que poderás traerme aínda que sexa un chorro de auga fresca no teu pico?- Preguntou a árbore.
-Claro!- dixo o paxariño- É unha excelente idea!, vou pedir axuda a todos os paxaros do rumbo e xuntos refrescarémoste.  Xa verás!
-Moitas grazas paxariño!- Exclamou a árbore.

15 de dec. de 2015

Contos galácticos en "Dalle a lingua" de Onda Cero Radio





O alumnado de 4ºB participou neste curso 2015-16 co programa "Dalle a lingua" de Onda Cero Radio". Este ano presentamos uns contos inventados por eles facendo un roteiro matemático polas rúas da zona vella de Pontevedra.

Ver máis fotos

Máis na páxina web do cole.

Ver fotos dos libro cos contos.

13 de dec. de 2015

2 de dec. de 2015

29 de nov. de 2015

Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas


Errantes

A obra, publicada a través do editorial Taller do Poeta, de Fernando Luís Pérez Poza, é un conto que fai referencia aos nosos antepasados nómades e reflexiona sobre a reacción social que podería ter un grupo de homínidos se, dun momento para outro, un dos seus membros pasase a ser un dependente ou discapacitado. O pensamento do autor, cando se expuxo a historia, era especular sobre a idea de se estes seres xa contaban coa empatía o suficientemente desenvolvida como para coidar e adaptar a súa vida ás novas circunstancias ou, se pola contra, abandonaríano, algo que ocorría mesmo en épocas moi posteriores.

O conto, con ilustracións de Rafael J. Perdomo, está dirixido a nenos-adolescentes e pretende ser unha alegación en defensa das sociedades plurais, xa que, independentemente das nosas capacidades e limitacións, todos podemos achegar o noso gran de area ao mundo.

No fondo, o que o autor quixo tratar foi o tema da ética, o respecto e sobre todo, a importancia de aceptarse a un mesmo e demostrar así que por cada discapacidade que podamos ter, posuímos moitas máis capacidades. Polo que a vida, sempre merece a pena.

Sergio González é un pontevedrés amante da súa cidade e a súa historia, interesado pola cultura e usuario da Asociación Amencer-Aspace (Asociación de Atención á Parálisis Cerebral e Afíns). Errantes é o seu terceiro libro tras A vida é bela (2006) e O meu Rosa (2009), ambos de poesía.

28 de nov. de 2015

Xogo Edilim "Os dereitos Humanos"

10 de decembro - Día dos Dereitos Humanos -

O documento da "Declaración dos Dereitos Humanos" foi probado e proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o 10 de decembro de 1948.
É o documento máis traducido a outras linguas (463). (Ver a versión en Galego en PDF  na paxina web da ONU).  Nós tamén os deixamos aquí:

Artigo 1.- Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros.
Artigo 2.- 1.- Toda persoa ten todos os dereitos e liberdades proclamadas nesta Declaración, sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición. 2. Ademais, non se fará distinción algunha fundada na condición política, xurídica ou internacional do país ou territorio de cuxa xurisdición dependa unha persoa, tanto se se trata dun país independente, como dun territorio baixo administración fiduciaria, non autónomo ou sometido a calquera outra limitación de soberanía.

27 de nov. de 2015

Pasamento de alguén que viviu por e para Galicia - Neira Vilas



Neiras  Vilas, finado no día de hoxe, 27 de novembro de 2015.
Fillo de labregos, estudou comercio por correspondencia e traballou de contable. En xaneiro de 1949 emigrou a Arxentina e entra en contacto con galeguistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela ou Ramón de Valenzuela e en 1953 funda as Mocedades Galeguistas, casa coa escritora Anisia Miranda en 1957 e funda a editorial Follas Novas. En 1961 marcha a Cuba coa súa dona.

Logo de trinta e un anos na illa caribeña, xa xubilados, regresan a Galicia en 1994 para viviren en Gres onde dirixen a Fundación Xosé Neira Vilas e continúan co labor cultural e periodístico.

Xosé Neira Vilas foi membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana, Premio da Crítica Española (narrativa) e premio da Crítica Galega (ensaio). Recibiu a medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o premio Celanova Casa dos Poetas, o Premio Laxeiro, o Premio Trasalba (2004) e a Medalla de Ouro de Galicia (2015), e foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 1999.

Ver o libro na nosa Biblioteca 



24 de nov. de 2015

Primeiro poema en Galego de Rosalía de Castro

O 24 de novembro de 1861 Rosalía de Castro publicou o seu primeiro poema en galego.

 Escoitar o poema musicado por Amancio Prada

23 de nov. de 2015

O Ártico rompe



Presentación dalgún material recollido na Exposición Itinerante que temos estes días en Pontevedra "O Ártico rompe", sobre a problemática que está a acontecer nos polos do noso planeta Terra,   e que terá grandes consecuencias se non se toman medidas.

Artigo relacionado:   10 conclusións sobre o Ártico

21 de nov. de 2015

20 de novembro - Día Mundial dos Dereitos dos Nenos

Para todos os menores de 18 anos  a "Convención sobre os Dereitos do Neno" que é un tratado internacional das Nacións Unidas Dereitos redactou os seguintes dereitos:

1- Todos os nenos e nenas do mundo deben desfrutar dos mesmos dereitos sen que haxa discriminación pola súa orixe, sexo, idioma, relixión, posición económica ou familiar. (igualdade)

2- Todas as nenas e nenos teñen dereito a ter un nome e unha nacionalidade dende o momento do seu nacemento para identificalos e diferencialos doutras persoas.

Ler máis


15 de nov. de 2015

O Magosto e o Día de San Martiño

Este ano o "Veranciño de San Martiño"  está sendo  impresionante, moita xente incluso o aproveitou indo tamén á praia. Na escola e en moitos outros lugares  sóese celebrar tanto o Magosto como o "Día do Trompo" (se clicas na imaxe do trompo poderás ler o manifesto deste ano).   Aquí deixamos algunhas fotos e algún artigo relacionado con estas celebracións.

Ver  Máis fotos .

Ver o vídeo do Magosto

Ver as Cantigas do Magosto

Ler a Historia do Día de San Martiño

Máis:    Refraneiro de novembro

Ver Etiqueta refraneiro Ghafos

Ver o vídeo do "Día do trompo"

6 de nov. de 2015

Novas palabras para o Dicionario da RAE

A RAE acaba de incluir na última edición unhas cantas palabras como as que  vés nesta imaxe que acompaña ó artigo. Se queres podes  comprobar as palabras no "dicionario en liña".        Máis

Proba tamén con murciégalo, crocodilo. 

Cando son usadas por un período de seis ou sete anos vanse incluíndo.

28 de out. de 2015

Uxía, coñece a súa tía

A EDITORIAL TRYMAR acaba de publicar o conto infantil UXÍA COÑECE Á SÚA TÍA, de Pablo Morell, autor que xa leva varios anos adicado é escrita para nenos e nenas. Nesta ocasión relata a historia dunha nena galega e o seu irmán con síndrome de Down frente ás contradiccións do mundo dos adultos.

Está escrita con vistas a mantelas nenas na lectura á idade de 9-12 anos, posto que nesta idade lles custa atopar referentes literarios femininos en lingua galega. Ademáis, posto que está pensado para manter a personaxe nunha serie de libros, utilizará as anécdotas, os contos e as historias que os nenos e nenas queiran enviarlle con vistas a integralas nos seus libros. Deste xeito, poden atopar nas súas páxinas un estímulo e unha referencia para animalos á lectura. Pódese coñecer unha mostra das historias de Uxía no seu blog.

26 de out. de 2015

4 aplicacións para crear fotomontaxes

A noite das mudanzas CEP Campolongo

Ranilda

A viaxe das bolboretas

Material para traballar no Samaín

Se clicas na imaxe irás á un pdf con moitas fichas para traballar o Samaín.

Se queres ver máis: contos, xogos, vídeos, podes clicar na Etiqueta do Samaín do blog Ghafos da nosa escola

Ver por exemplo:  "A historia do Samaín"

Un resumo podes ver no artigo "Samaín 2014"

Os difuntos falaban castelao

Suxerencias de Kalandraca para traballar o lema deste das Biliotecas Escolares

Clica na imaxe para ver as suxerencias de Kalandraca para traballar no lema deste ano das bibliotecas escolares "Biblioteca Escolar Base de Exploración"

O xogo de Samaín


Conto: "Indo para o Samaín"


Máis sobre o Samaín

25 de out. de 2015

Mochila Viaxeira para os 3º e 4º


Comeza a aventura da Mochila Viaxeira no Día das Bibliotecas Escolares.
Aquí temos os libros de 3º  e 4º :
- Para os nenos/as
- “Os soños da gaiola” de Manuel María
- Para pais e nais:
- “Que me queres amor?”  Manolo Rivas

- Conto Galego do século XX”. De Luís Alonso Girgado

Ver a Mochila Viaxeira dos 1º  e  2º