24 de feb. de 2016

24 de Febreiro - Día de Rosalía

Pasan naquesta vida
cousiñas tan estrañas,
tan raros feitos vense
neste mundo de trampa;
tantos milagres vellos,
tan novas insinanzas,
e tan revoltos allos
con nome de ensaladas,
que non che digo nada...
Pero, ¡vaia!

Rosalía de Castro. Cantares Gallegos

21 de feb. de 2016

Brincaletras do Cambio Climático - "O Ártico rompe"

Feito con preguntas do alumnado do Ciclo Superior do CEP Campolongo durante o curso 2015-16.

Clica na imaxe para xogar

9 de feb. de 2016

Canta o cuco - Amo esta terra

Libro- Musical  "Canta o Cuco"  (Uxía e Magín)

Amo esta terra desnuda e luxuriosa,
a terra que nos ten e nos devora:
esta amante fatal que nos namora
coa súa gracia lixeira e poderosa.

Amo esta dona que cala, ri e chora,
que se mostra atrevida e pudorosa,
que a camelia e máis a rosa
e que, logo da noite, trae á aurora.

Amo esta marabilla terra en flor,
ás lúcidas lumieiras do sentido
e o delicadísimo lume do amor.

SÓ, de verdade, vale o amor vivido:
aquel que pode vencer a nosa dor
e liberarnos da nada e do olvido.

Poemas e Unidades Didácticas para traballar co poeta Manuel María

Poemas comentados de Manuel María

Fundación Manuel María (ver Unidades Didáctica en Recursos)

Arredor de Manuel María


6 de feb. de 2016

Flora do Río dos Gafos

Amancio Castro é co-autor, xunto con Francisco Javier Silva-Pando, doutor en Bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid e xefe do departamento de Ecosistemas Forestais do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, dun interesante libro que se presentou a finais de xaneiro: FLORA DO RÍO DOS GAFOS, editado pola Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra.

Aves do Río Ghafos

Ramón Sineiro, fai un traballo de catalogación das aves do río Gafos, por encarga de Vaipolorío.

No libro fai unha reseña de tódolas aves que habitan no río Gafos, un río que comenza chamandose Cocho e na madurez noméase Gafos. O río Gafos que ten un recorrido de 11 kms. desemboca na cidade de Pontevedra.

Este libro permitiume ampliar a miña lista de aves e completar con detalles outras fichas.

Merece a pena o libro.

O libro está editado polo Servicio de Publicacións da Excma. Diputación de Pontevedra, no ano 2005.

O bosque animado


O bosque animado  de Wenceslao Fernández  Flórez.

Obra escrita orixinalmente en castelán e traducida ao galego por Xela Arias para Xerais

Vocabulario do bosque animado:

CEDRO
: conífera de gran altura que varía segundo a orixe. Haina do norte de África, do Himalaia, de Norteamérica. A súas piñas son redondas e máis pequenas ca as do piñeiro común. A súa madeira sempre foi moi estimada para facer lápises.

NOGUEIRA:  árbore das noces

VIMBIEIRA: árbore da familia dos salgueiros que dá varas idóneas para a confección de cestos, canastos ou paxes.

GANDO: conxunto de animais cuadrúpedos que se crían para tirarlle o leite ou a carne.

EMBORRALLAR: encher de borralla, enzoufar, estercar.

GORIDA: tobo, refuxio dos animais salvaxes.

RENXER: facer un ruído característico as portas ou ventas de madeira.

RABUÑAR: esgazar a pel con algo cortante

TEIMA: obsesión, idea fixa

ESCORRENTAR: axotar, facer fuxir

RUEIRO: conxunto de casas, aldea

AMOLAR, contrariar, facer rabear alguén.

RACHA: pode ser de vento ou de madeira. Esta última é cando esgazas a madeira en dirección á veta, cada fragmento é unha racha o acha.

GRAN: de millo, de centeo. Cada unha das sementes que dá unha planta.

REGATOS: ríos pequenos, regueiros

FUNGOS: hainos microscópicos e hainos visibles. Estes últimos son setas ou cogomelos.

OURIVE: artesán que fai xoias

PORCO TEIXO. teixugo, pequeno mamífero carnívoro común no bosque atlántico.

PICAPINOS ou PAXARO CARPINTEIRO ou PETO: paxaro de tamaño medio que fai o seu niño no tronco dos piñeiros practicando un furado

RODEIRAS: as marcas que deixan as rodas do carro nas grandes pedras que enlaxan os camiños

MORCEGO: mamífero insectívoro nocturno dotado de voo. Guíase polo sentido acústico, actuando o seu oído como un radar.

FENDA, grecha, laño, fendedura. Corte que presenta a superficie de calquera materia.

FUCIÑO: lugar na cara dun animal onde converxen o nariz e a boca

TÉPEDO: nin quente nin frío, morno

CADEIRA: asento con respaldo.

Shin Chan - 1ª Temporada (Episódio 1) [Portugués]

Música infantil con Pirilampo - Libro Musical (CD)


Grupo Pirilampo

O Apalpador
Os contos do Padriño
O Mundo do Revés
A Canción de Pedro Chosco
Pirilampo Vai ao Mercado
Teño un Barco de Papel
Doce meses ten o ano
A Casa do Tío Nicanor
Arrolos do Mar
Sol
Os Meus Primeiros Pasos

Máis en Sonárbore  (Catálogo de libros-disco no que a ilustración, literatura e música camiñan da man). Ver vídeos






2 de feb. de 2016

2 de febreiro - Día da Candeloria

"Pola candeloria, medio inverno vai fóra". "Cando a Candeloria chora, o inverno xa vai fóra; cando a Candeloria ri, o inverno está por vir". "A partir da candeloria, ningunha ave voa soa". No día que casan os paxariños, temos a sentenza popular sobre como vai ir o tempo atmosférico. Falar un idioma tamén é saber soltar os seus ditos e modismos ao xeito.  Máis 
 O Casamento dos paxariños

DENEP 2016 CEP CAMPOLONGO