29 de nov. de 2015

Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas


Errantes

A obra, publicada a través do editorial Taller do Poeta, de Fernando Luís Pérez Poza, é un conto que fai referencia aos nosos antepasados nómades e reflexiona sobre a reacción social que podería ter un grupo de homínidos se, dun momento para outro, un dos seus membros pasase a ser un dependente ou discapacitado. O pensamento do autor, cando se expuxo a historia, era especular sobre a idea de se estes seres xa contaban coa empatía o suficientemente desenvolvida como para coidar e adaptar a súa vida ás novas circunstancias ou, se pola contra, abandonaríano, algo que ocorría mesmo en épocas moi posteriores.

O conto, con ilustracións de Rafael J. Perdomo, está dirixido a nenos-adolescentes e pretende ser unha alegación en defensa das sociedades plurais, xa que, independentemente das nosas capacidades e limitacións, todos podemos achegar o noso gran de area ao mundo.

No fondo, o que o autor quixo tratar foi o tema da ética, o respecto e sobre todo, a importancia de aceptarse a un mesmo e demostrar así que por cada discapacidade que podamos ter, posuímos moitas máis capacidades. Polo que a vida, sempre merece a pena.

Sergio González é un pontevedrés amante da súa cidade e a súa historia, interesado pola cultura e usuario da Asociación Amencer-Aspace (Asociación de Atención á Parálisis Cerebral e Afíns). Errantes é o seu terceiro libro tras A vida é bela (2006) e O meu Rosa (2009), ambos de poesía.

28 de nov. de 2015

Xogo Edilim "Os dereitos Humanos"

10 de decembro - Día dos Dereitos Humanos -

O documento da "Declaración dos Dereitos Humanos" foi probado e proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o 10 de decembro de 1948.
É o documento máis traducido a outras linguas (463). (Ver a versión en Galego en PDF  na paxina web da ONU).  Nós tamén os deixamos aquí:

Artigo 1.- Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros.
Artigo 2.- 1.- Toda persoa ten todos os dereitos e liberdades proclamadas nesta Declaración, sen distinción algunha de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición. 2. Ademais, non se fará distinción algunha fundada na condición política, xurídica ou internacional do país ou territorio de cuxa xurisdición dependa unha persoa, tanto se se trata dun país independente, como dun territorio baixo administración fiduciaria, non autónomo ou sometido a calquera outra limitación de soberanía.

27 de nov. de 2015

Pasamento de alguén que viviu por e para Galicia - Neira Vilas



Neiras  Vilas, finado no día de hoxe, 27 de novembro de 2015.
Fillo de labregos, estudou comercio por correspondencia e traballou de contable. En xaneiro de 1949 emigrou a Arxentina e entra en contacto con galeguistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela ou Ramón de Valenzuela e en 1953 funda as Mocedades Galeguistas, casa coa escritora Anisia Miranda en 1957 e funda a editorial Follas Novas. En 1961 marcha a Cuba coa súa dona.

Logo de trinta e un anos na illa caribeña, xa xubilados, regresan a Galicia en 1994 para viviren en Gres onde dirixen a Fundación Xosé Neira Vilas e continúan co labor cultural e periodístico.

Xosé Neira Vilas foi membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana, Premio da Crítica Española (narrativa) e premio da Crítica Galega (ensaio). Recibiu a medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o premio Celanova Casa dos Poetas, o Premio Laxeiro, o Premio Trasalba (2004) e a Medalla de Ouro de Galicia (2015), e foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 1999.

Ver o libro na nosa Biblioteca 



24 de nov. de 2015

Primeiro poema en Galego de Rosalía de Castro

O 24 de novembro de 1861 Rosalía de Castro publicou o seu primeiro poema en galego.

 Escoitar o poema musicado por Amancio Prada

23 de nov. de 2015

O Ártico rompe



Presentación dalgún material recollido na Exposición Itinerante que temos estes días en Pontevedra "O Ártico rompe", sobre a problemática que está a acontecer nos polos do noso planeta Terra,   e que terá grandes consecuencias se non se toman medidas.

Artigo relacionado:   10 conclusións sobre o Ártico

21 de nov. de 2015

20 de novembro - Día Mundial dos Dereitos dos Nenos

Para todos os menores de 18 anos  a "Convención sobre os Dereitos do Neno" que é un tratado internacional das Nacións Unidas Dereitos redactou os seguintes dereitos:

1- Todos os nenos e nenas do mundo deben desfrutar dos mesmos dereitos sen que haxa discriminación pola súa orixe, sexo, idioma, relixión, posición económica ou familiar. (igualdade)

2- Todas as nenas e nenos teñen dereito a ter un nome e unha nacionalidade dende o momento do seu nacemento para identificalos e diferencialos doutras persoas.

Ler máis


15 de nov. de 2015

O Magosto e o Día de San Martiño

Este ano o "Veranciño de San Martiño"  está sendo  impresionante, moita xente incluso o aproveitou indo tamén á praia. Na escola e en moitos outros lugares  sóese celebrar tanto o Magosto como o "Día do Trompo" (se clicas na imaxe do trompo poderás ler o manifesto deste ano).   Aquí deixamos algunhas fotos e algún artigo relacionado con estas celebracións.

Ver  Máis fotos .

Ver o vídeo do Magosto

Ver as Cantigas do Magosto

Ler a Historia do Día de San Martiño

Máis:    Refraneiro de novembro

Ver Etiqueta refraneiro Ghafos

Ver o vídeo do "Día do trompo"

6 de nov. de 2015

Novas palabras para o Dicionario da RAE

A RAE acaba de incluir na última edición unhas cantas palabras como as que  vés nesta imaxe que acompaña ó artigo. Se queres podes  comprobar as palabras no "dicionario en liña".        Máis

Proba tamén con murciégalo, crocodilo. 

Cando son usadas por un período de seis ou sete anos vanse incluíndo.