26 de nov. de 2020


" MULTIPLICA  IGUALDADE  E  DIVIDIRÁS  A  VIOLENCÍA !"



O lema dos alumnos de 5.º de primaria do CEP Campolongo, de Pontevedra, foi o gañador da súa categoría no concurso convocado pola Xunta con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.

 Os estudantes do CEP Campolongo articularon como lema "Multiplica igualdade e dividirás a violencia", que resultou vencedor na categoría de 5.º de primaria a 2.º de ESO. A secretaria  xeral de  Igualdade, Susana López Abella, deu a coñecer este martes os gañadores  no Centro de Supercomputación de Galicia ( Cesga).

O obxectivo da convocatoria foi promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia . O xurado valorou a participación activa do alumnado nesta iniciativa, o traslado dunha mensaxe acorde co rexeitamento da violencia de xénero, a orixinalidade, a creatividade lingüística, a claridade e a adecuación da mensaxe. 

Os lemas gañadores en cada categoría poderá ser utilizados pola Xunta en futuras conmemoracións do 25 N ou en calquera outra acción de sensibilización. 

No premio hai unha cuantía económica para gastar no comercio local. 

25 de nov. de 2020

























                    DÍA  DA  INFANCIA 

o             O  pasado  20  de  novembro,  celebramos  o  día  dos  dereitos  dos  nenos.
    Os  alumnos  de  1º e  2º  aprenderon  os  DEREITOS  DAS  NENAS  E  DOS   NENOS    
                        e fixeron  uns  debuxos   preciosos  que  compartimos  con  todos  vós.
















17 de nov. de 2020

 DÍA DA  NON  VIOLENCIA  CONTRA  A        

                   MULLER

 

DESDE  A  BIBLIOTECA   QUEREMOS  POÑER  UN  GRAN  DE  AREA  NA 

PROCURA DA  IGUALDADE  DAS  NENAS  E  MULLERES  E  EDUCAR   PARA  A 

NON  VIOLENCIA .

OS  LIBROS,  A  POESÍA,  A  MÚSICA ...   SON  AS  NOSAS  FERRAMENTAS.

IMOS   APROVEITAR  A  LETRA  DE  FINA  CASALDERREY  NA  POESÍA 

 " O  SAPO", ADEREZADA COA   MÚSICA  DE  NÉSTOR  BLANCO,   NA  VOZ  DE  

ENRÍQUE  MARTÍNEZ.  ANIMÁDEOS  A  APRENDELA !!!!! 

                  O  25  DE  NOVEMBRO  CANTARÉMOLA  BEN  FORTE !!!!

É  OUTRO  TEMA  DO  LIBRO DISCO "LINGUA  GUAPA.  CANTOS  QUE  

CONTAN" .  AQUÍ  VOS  DEIXO  A  LETRA  E  A  CANCIÓN.



                      








O Sapo

2 de nov. de 2020


  DÍA  DAS  BIBLIOTECAS  ESCOLARES

      DÉIXOVOS  UN  RESUMO  DO  QUE  FOI  O  DÍA DAS  LETRAS  ESCOLARES 
    
                                                NO  CEP  CAMPOLONGO. 

      GRACIÑAS  DE  NOVO  A  FINA  CASALDERREY  E  NÉSTOR  BLANCO  

                              POR  FACER  ESTE  DÍA  AÍNDA  MÁIS  MÁXICO



.