Todos os cursos participaron nesta simpática actividade onde había que recompoñer e ilustrar un poema que anteriormente se rompera en versos. Foron moitos os que se esmeraron . Noraboa a tod@s. Deixamos aquí unha pequena mostra dos mesmos . Se queres velos todos clica aquí
29 de mar. de 2016
24 de mar. de 2016
21 de mar. de 2016
XIV Exposición da Camelia
Etiquetas:
Actividades,
Contos,
Curso 15-16,
Poesía,
Traballos
18 de mar. de 2016
Quen me conta un conto? - Os Bolechas / Culetes / A aboa do novelo branco
Este venres, aproveitando que tivemos mal tempo, foron varios os contos que o alumnado de 6ºA, Nel, Alexis, Pilar e Araceli interpretaron cos máis pequenos da escola. Co de "Culetes" pasárono moi ben. Parabéns para todos!!
11 de mar. de 2016
Contos con música na Biblioteca da nosa Escola
Aquí temos unha selección de novos contos, con un disco incluído para escoitar as cancións. Recén chegados do forno.
XIV Exposición da Camelia no CEP Campolongo
Ver en PDF - Bases - Díptico
Ver a información na páxina web da escola
Ver os Traballos desta edición. (pendentes de por)
Etiquetas:
Celebracións,
Curso 15-16,
Dípticos,
Poesía,
Traballos
Quen me conta un conto ? "Sopa Verde"
Os venres seguimos de conto, hoxe tocoulle a Manuela, a Sabela e a Clara de 2ºA. O conto foi Sopa verde.
10 de mar. de 2016
O médico vello e o médico novo
Un vello doutor estaba moi aburrido logo de xubilarse así que decidiu abrir un novo centro clínico. Puxo un letreiro fóra que dicía: Doutor Martínez. "Obtén o teu tratamento por 500 dólares e se non se cura recibirás 1000 dólares a cambio". Xusto no barrio estaba o Doutor Lozano, un mozo médico que cría que este vello pouco podía saber de medicamento así que decidiu ir gañarse os 1000 dólares de recompensa e foi visitalo.
Doutor Lozano: "Doutor Martínez, perdín todo o gusto da miña boca. Poderíame axudar?"
Doutor Martínez: "Enfermeira, por favor traia o medicamento da caixa 22 e déalle tres gotas na boca do señor".
Doutor Lozano: "Puaj! Pero se isto é gasolina!".
Doutor Martínez: "Felicitacións! Vostede recuperou o gusto. Son 500 dólares".
O doutor Lozano retirouse moi cabreado polo truco do seu ancián colega e decidiu volver un par de días despois para recuperar o seu diñeiro.
Doutor Lozano: "Perdín a miña memoria. Non lembro nada".
Doutor Martínez: "Enfermeira, por favor traia o medicamento da caixa 22 e déalle tres gotas na boca do paciente".
Doutor Lozano: "Bah! Non o faga! Iso é gasolina".
Doutor Martínez: "Felicitacións! Vexo que recuperou a súa memoria. Son 500 dólares por favor".
Novamente o doutor Lozano foise moi cabreado da consulta de Martínez perdendo mil dólares. Pero era tan terco que decidiu volver unha semana despois para recuperar todo o seu diñeiro.
Doutor Lozano: "A miña vista tornouse moi débil. Con sorte podo ver un pouco?
Doutor Martínez: "Síntoo, pero para iso non teño ningún medicamento. Así que aquí ten os seus 1000 dólares de volta (entrégalle un billete de 10 dólares).
Doutor Lozano: "Pero isto son só 10 dólares!"
Doutor Martínez: "Parabéns! Recuperou a súa vista. Son 500 dólares?.

7 de mar. de 2016
Trotacontos do 2011- "O bolo máxico" (Infantil)
Balea Varada
Presentación dun conto onde se enlazan varias lendas galegas, case todas de Poio, recollidas no curso 2008-2009 no CEIP Isidora Riestra.
Podes ir avanzando as páxinas ou ver as diapositivas cada 10" . Ver as lendas en Galicia Encantada, co nome "As orixes de Galicia". Vela e descargala en "Autostream"
A Mofeta Cheira Ben - Trotacontos do 2011
O conto foi elaborado ó longo do curso polos seguintes colexios:
- CEIP Santo André de Xeve
- EEI. Verducido
- CEIP Marcón
- CEIP Campolongo
- CEIP Parada Campañó
- CEIP San Benito de Lérez
Fotos do encontro dos colexios.
Ver conto de infantil:"Breogán e o bolo máxico".
Ver conto de infantil:"Breogán e o bolo máxico".
4 de mar. de 2016
3 de mar. de 2016
VI Congreso das Escolas Galegas Asociadas Unesco
- Fotos dos grupos
- Fotos en xeral
- Programa do Congreso
- Actuación do CMUS (Conservatorio de Música)
- O Ártico Rompe (Presentacións e Brincaletras) (CEP Campolongo)
- Animais Extinguidos do Século XX (CEP Campolongo)
- Espazos Protexidos Galegos (CEP Campolongo)
- Obradoiro de Relatividade (IES Pedra da Auga)
- Patrimonio en Risco (IES Seoane)
- Patrimonio Atlántico (IES Seoane)
- As Patroas Mexicanas (CEIP Isidora Riestra)
- Falando de Igualdade (IES Seoane)
- Coidando o monte (IES Pazo da Mercé)
- Eu non son trapacero (CEIP San Bieito de Lérez)
- Títeres. Colexio Eduardo Pondal
- Conclusións do Obradoiro "Presentacións"
- A Caixa dos Soños
- Canción Baixo o mesmo Sol
- Invitados sudamericanos cantando unha canción
- Diploma do Congreso
- Reportaxes de Prensa
Etiquetas:
Congresos,
Curso 15-16,
Fotos,
Traballos,
Unesco
2 de mar. de 2016
Proposta teatral Salón do Libro 2016 - "Canta Bichería"
Clicando na imaxe poderás ver a oferta teatral que hai este ano no Salón do Libro. Vai incluída unha breve explicación das obras e as idades recomendadas.
Hai que apuntarse antes do 9 de marzo.
A historia do burro que caeu nun pozo
Un día, o burro dun campesiño caeu nun pozo. O animal chorou fortemente por horas, mentres o campesiño trataba de buscar algo que facer. Finalmente, o campesiño decidiu que o burro xa estaba vello e o pozo xa estaba seco e necesitaba ser tapado de todos os xeitos; polo que realmente non valía a pena sacar ao burro do pozo. Convidou a todos os seus veciños para que viñesen axudarlle. Cada un agarrou unha pa e empezaron a tirarlle terra ao pozo.
O burro, deuse conta do que estaba a pasar e chorou a máis non poder. Logo, para sorpresa de todos, calou despois de unas cantas paladas de terra. O campesiño finalmente mirou ao fondo do pozo e sorprendeuse do que viu, con cada palada de terra, o burro estaba a facer algo incrible: Sacudía a terra e daba un paso enriba dela.
Moi pronto todo o mundo viu sorprendido como o burro chegou ata a boca do pozo, pasou por encima do bordo e saíu trotando.
Moralexa: A vida vai a tirarche terra, todo tipo de terra, o truco para saír do pozo é sacudirla e usala para dar un paso cara arriba. Cada un dos nosos problemas é un chanzo cara arriba. Podemos saír dos máis profundos ocos se non nos damos por vencidos.
Usa a terra que che botan para saír adiante!
1 de mar. de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)