14 de dec. de 2014

Polo Nadal - Canción e Conto do Apalpador


Apalpador :    ler, escoitar, e xogar co conto do Apalpador.

Escoitar o conto dende aqui

Ler o conto

O Apalpador en Pictogramas

Os contos da nosa escola feito polo alumnado de 4ºC

Recorda que os consellos do Apalpador sobre os xoguetes.

1: Non merques, faino.

2. Todos somos artistas

3. Reutiliza

Libros para agasallar no Nadal

Libros recomendados dende algúns dos equipos de Dinamización e Normalización Lingüística Galegos para agasallar neste Nadal .  Clica na imaxe para velos de primaria.

Ver os de infantil

Ver para Secundaria

19 de nov. de 2014

V Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia

Clicando na imaxe poderás ver todo o acontecido nas V Xornadas de Bibliotecas Escolares: conferencias, ponencias, presentacións ... das distintas bibliotecas seleccionadas no curso pasado para este evento

13 de out. de 2014

O río da memoria

CALROS SOLLA pariu un novo libro que ten como fío condutor o río dos Gafos.

 TÍTULO : O RÍO DA MEMORIA.
 Cartafol do río dos Gafos. (1745-1970)

 EDICIÓNS:  MORGANTE

Nº DE PÁXINAS:457

ILUSTRACIÓNS:330

PREZO: 20 EUROS

Libro relacionado co río Gafos e tamén de Calros Solla:

Andar Primeiro de Río

12 de out. de 2014

DOUS LIBROS GALEGOS ENTRE OS MELLORES DO MUNDO

A Feira Internacional do Libro de Fráncfort presentou esta semana o catálogo White Ravens, un listado das mellores 200 obras de todo o mundo para o público infantil deste ano. 

Entre os sete títulos españois que figuran, dúas son de editoriais galegas: "Galiño pelado", na súa versión en castelán, de OQO; e o álbum "Nicomedes o pelado", de Kalandraka.

Este último, ademais, en galego, é o único libro incluido na White Ravens editado nunha lingua cooficial do estado español distinta do castelán.

9 de out. de 2014

Ollos de Áula Nª 16 - Revista para as familias

Clicando na imaxe poderás atopar os seguintes artigos:

- Como se crea o hábito nos nenos?
- Nova lei de educación. Os novos cambios no curso.
- Que é a aprendizaxe por proxectos?
- Un menú rico para a lingua
- Libros e recunchos recomendados.
.......

Números anteriores

4 de out. de 2014

Refraneiro do mes de outubro

Primeiro vótalle unha ollada a estas datas, e logo le os refrans específicos do mes de outubro,  porque tamén hai moitos sobre o outono.


San Francisco, 4 de outubro.  

Os Remedios, o segundo domingo de outubro;

O Pilar, 12 de outubro.

San Lucas, 18 de outubro

San Xudas e San Simón, 28 de outubro.

San Quintín, 31 de outubro.



- Por San Francisco bota o liño mourisco, se o botas en San Simón nin da estopa nin estopón.
- Por san Francisco, risco, risco. Por san Lucas alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.
 -  En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa.

- Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendotes.

- Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.

- Polo san Lucas mata o teu porco e barra a túa cuba / as túas cubas.
- Polo san Lucas saben ben as uvas.
- Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas.

- Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son

- Polo san Simón proba o viño, e o porco polo san Martiño.
- Polo san Simón, áncoras ó fondón.
- Por san Simón a xeira do cogordón.
- Por san Simón cada moneda vale un doblón.
- Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas.
- Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
- Por san Simón o néspero se repón.
- Por san Simón, aperta o baldón.
- Por San Simón, camiñar si, navegar non.
- A verdura de San Simón dá pro (para o) amo e mais pro (para o) ladrón.
- Áncoras ó fondo, que chega San Simón.
- As avenidas de San Simón, antes ou despois sonadas son.
- As enchentes de San Simón sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os bois.

- Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas.

- Por san Quintín castañas ó rolín.

- A lúa de outubro a sete cubre, e se chove, nove.
- A lúa de Outubro sete lúas cobre, e se chove, cobre nove.
- En outubro, a terra esterca e cobre.
- En outubro, non molesta o lume.
- Outubro viñateiro, pai de bo xaneiro.

Nota:

 - Baldón ou bandón é o tapón de cortiza ou madeira co que se tapa o burato da tapa superior dos bocois.
-  "Barrar as cubas" é tapar calquera greta ou abertura que poida ter a cuba para asegurar a súa hermeticidade. Facíase con lama ou pez.

Neste mes entrarían tamén moitos dos refráns que hai sobre o outono, que tanto pode ser chamado estación ou mes  do ano.

Ver tamén curiosidades de outubro.

Taller matemático de primaria


Taller de matemáticas para o alumnado de Primaria no "Wikiespacio" (en castelán).

Atoparás unha morea de actividades para as distintas idades que comprende a Educación Primaria (6-12 anos).

Temos a ligazón tamén en "Estación vella". O blogue do 3º ciclo da escola.

30 de set. de 2014

Matemática na biblioteca


Neste curso 2014-15 ímos iniciar o trimestre coa Biblioteca Matemática. Estamos argallando "asuntos matemáticos" para uliscar na biblioteca e na casa. Para comezar xa podes resolver esta serie.

24 de set. de 2014

2015 Ano Internacional da luz

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou na súa LXVIII sesión o ano 2015 como Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz. A devandita resolución conta co copatrocinio de 35 países entre os que se encontra España. Os obxectivos do Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz son: . Mellorar a comprensión pública de como a luz e as súas tecnoloxías relacionadas afectan á vida cotiá e son esenciais para o futuro desenvolvemento da Humanidade. . Desenvolver a capacidade educativa mediante actividades orientadas á difusión da cultura científica entre os mozos en todo o mundo. . Aumentar a cooperación internacional. . Difundir os descubrimentos dos séculos XIX e XX que demostraron a importancia fundamental da luz na ciencia e o desenvolvemento científico. . Destacar a importancia da investigación e fomentar vocacións científicas no ámbito da luz e as súas aplicacións. . Promover a importancia da tecnoloxía de iluminación no desenvolvemento sostible e na mellora da calidade de vida nos países en vías de desenvolvemento. . Dar a coñecer a profunda relación que existe entre a luz, a arte e a cultura, así como fortalecer o papel das tecnoloxías ópticas na preservación do patrimonio cultural. . Conseguir que os logros e obxectivos anteriores perduren no tempo máis alá de 2015.
Ver tamén 2015 Ano Internacional do solo

2015 Ano Internacional do solo

A 68ª sesión da Asemblea Xeral da ONU declara 2015 Ano Internacional dos solos  (A/RES/68/232).

A Organización da Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) foi encargada de implementar o Ano Internacional dos solos 2015 (AIS) no marco da Alianza Mundial polo Chan e en colaboración cos gobernos e a secretaría da Convención das Nacións Unidas de Loita contra a Desertización (CNULD).

O AIS 2015 ten como obxectivo aumentar a concienciación e a comprensión da importancia do solo para a seguridade alimentaria e as funcións ecosistémicas esenciais.

O sitio web do AIS é a principal plataforma para compartir información e recursos relevantes con diferentes socios. O sitio actualizarase proximamente. Invitámolo a volver visitalo para máis información.

Os obxectivos específicos do Ano Internacional dos solos 2015 son os seguintes:

Conseguir a plena concienciación da sociedade civil e os responsables da toma de decisións sobre a profunda importancia do chan para a vida humana;
Educar o público sobre o papel crucial que desempeña o chan na seguridade alimentaria, a adaptación e a mitigación do cambio climático, os servizos ecosistémicos esenciais, a mitigación da pobreza e o desenvolvemento sostible;
Apoiar políticas e accións eficaces para o manexo sostible e a protección dos recursos do chan;
Promover investimentos en actividades de manexo sostible da terra para desenvolver e manter chans saudables para os diferentes usuarios da terra e grupos de poboación;
Fortalecer iniciativas en relación co proceso dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a axenda post-2015;
Promover unha mellora rápida da capacidade para a recompilación de información sobre o chan e a supervisión a todos os niveis (mundial, rexional e nacional).


Ver tamén 2015 Ano Internacional da luz


Lecturas recomendadas de Astronomía


Cousas para ler




 

22 de set. de 2014

Libros recomendados para traballar a diversidade

1. A clase como si nada - Celia Díaz Pardo 
2. Adolescencia - Juana Cortés Amunárriz 
3. Artyon - Felisa Benítez Izuel 
4. Voda en Regaliz - Fátima Verona Martel 
5. Carlos y el fútbol - Roberto Ismael Castón Alonso 
6. (Casi) como los demás - Juan Senís Fernández 
7. Compañeras - Juana Cortés Amunárriz 
8. De Kiev a la Alcarria - Miguel Ángel González Merino
 9. Dos padres - José Luis Muñoz 
10. El cumpleaños - Elena Verdi 
11. Jarabes mágicos - Herminia Dionís Piquero
 12. La princesa valiente - Arancha Sánchez-Apellániz Sanz
 13. La tortuga Suga y el concurso de disfraces - Elena orión 
14. Los amantes del mar - Nicanor Suárez Hernández 
15. Luci - Juana Cortés Amunárriz
 16. Max - Javier Termenón 
17. Me quieren - Javier Termenón 
18. Mi amigo Vania - Esperanza Mendieta 
19. Mis tíos favoritos - José Antonio Cortés Amunárriz 
20. Ni carne ni sopa - Pola Gutiérrez Alegre 
21. Nicolás tiene dos mamás - Juan Carlos Manteca y Natascha Rosen 
22. Sedna. Un planeta diferente - Lorena Castro Salillas
 23. Un suspiro ha nacido - Noelia Verona Martel
 24. Una familia diferente - Sergio Zeni Beni 
25. Una familia muy especial - Juana Cortés Amunárriz
 26. Villa Pared e Villa Sol - Emmanuel Vila Ibarlucea 
27. Yo - Esperanza Fernández

Benvidos á Biblioteca Campolongo neste curso 2014-15


7 de xuño de 2014

Traballos do rueiro de Pontevedra

Clicando na imaxe verás os traballos feitos polo alumnado do 3º ciclo durante o curso 2013-14 sobre o rueiro de Pontevedra, a maioría deles, loxicamente son persoeiros.

O Conuco do Tío Coello


Pequena e divertida obra feita polo alumnado de 3ºC durante o curso 2013-14

5 de xuño de 2014

Cociñando Contos no Salón do Libro 2014


O alumnado de 4ºD visitando o Salón do libro e montrándonos o seu traballo compartido e consensuado. Ver fotos dos traballos.

31 de maio de 2014

O Carro Galego en Ponte nas Ondas

Clica na imaxe seo queres ver.

Este ano traballando un pouco o Carro conseguimos facer un pequeno vídeo para colaborar no XX Aniversario do programa "Ponte nas Ondas". Aproveitamos para darlle os nosos parabéns a esta importante iniciativa en prol da cultura e da lingua galega.

Aves galegas en perigo de extinción

Traballo feito polo alumnado de 3ºC durante o curso 2013-14.

30 de maio de 2014

Cociñando contos no Salon do Libro 2014 -



Este ano "Cociñáronse contos" no Salón do Libro 2014 de Pontevedra. Se clicas na ligazón que segue atoparás case todos os contos que levamos desta escola. Unha morea deles.

Ver os contos

Teatro de monicreques - "O Merlo Branco"

Grupo 2

Grupo 1
Alumnado de 4ºB interpretando unha adaptación da obra "O Merlo Branco" de Cándido Pazó"

22 de maio de 2014

Trotacontos - "Na eira ... "



Hoxe tivemos a Leopoldo Canizo como animador do "Trotacontos". Contounos varias historias, entre eles algúns dos contos que fixeron outras escolas sobre os trebellos da labranza. O noso trebello foi "O Carro", e os de 2º fixemos dúas historias, "O Carro Voador" e "O Carro Vicente". Outras escolas traballaron a lagareta, o arado, o muíño e a cabana (hórreo). Temos que dicir que o pasamos moi ben tanto co "Paul", o contacontos, como facendo esta actividade colectiva. Como anécdota contamos tamén que a TVG estivo preparando a sesión para que saíra pola tele pero xusto canto ía a comezar a actividade tiveron un problema coa conexión e non puideron gravar en directo.

Ver todas as fotos

Ver o Trotacontos do 2013 (do curso pasado)

17 de maio de 2014

Día das Letras Galegas - X. Mª Díaz Castro

O Día das Letras Galegas este ano 2014 foi adicado a Xosé Mª Díaz Castro. Na escola fíxose un recitado dalgúns do seu poemario "Nimbos", entre uns dos máis coñecidos "Penélope". Acompañouse o acto con música instrumental, primeiro con gaita, a cargo de Esteban P. de 5ºC, que tocou "O himno antigo do reino de Galiza", e logo con diferentes frautas, Alba F. e Andrea T. de 5ºA tocaron "Ao son do ar", e "A carolina". Rematamos o acto cantando todos a canción do "Carro" de Fuxan os ventos  e bailando a "Danza da Moto"


15 de maio de 2014

O Carro do CEP Campolongo no Conto Viaxeiro




Estas son as nosas páxinas que imos presentar para o "Trotacontos" ou "Conto Viaxeiro" que facemos con outras escolas de Pontevedra: Cabanas, Campañó, Lérez, Xeve, Crespo Rivas e o Marcos da Portela de Monteporreiro. O día 22 deste mes teremos xa o conto completo e virá a entregalo un animador de contos. Dicir que esta actividade está sendo posible grazas a colaboración do Concello de Pontevedra, que subvenciona a actividade para poder imprimir o conto e que todo o alumnado poida levalo a casa.

Programa "Dalle a lingua"

Clica na imaxe para escoitar os 10 programas grabados de "Dalle a lingua" con Onda Cero Radio durante o curso 2013-14.

Ver a  plantilla  do programa (Guión) (En PDF)


Tamén os  temos grabado en vídeo:
Sesión nº 2      Sesión nº 7
Sesión nº 3      Sesión nº 8
Sesión nº4       Sesión nº 9
Sesión nº5       Sesión nº 10

Ver os programas doutros centros escolares de Pontevedra

18 de mar. de 2014

A CHAMADA

Revista para as familias - Ollos de Aula - 13

Velaquí tedes un novo número, o 13 (marzo-abril), de Ollos de Aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado. E que trae desta volta? Unha colaboración de Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, sobre o papel que deben asumir nais e pais na adquisión dos hábitos lectores dos seus fillos e fillas; unha nova "palabra do ensino" da man de Lines Salgado: as adaptacións curriculares; e as interesantes propostas de lecer de Gracia Santorum . E algo máis? Pois si, non esquecemos a importancia do almorzo para o desenvolvemento dos nenos e nenas e para o seu rendemento escolar. E, para rematar, un desexo: gocemos da primavera e o sol vestindo con autoestima, elegancia e estilo a mellor das nosas roupas, a lingua e a cultura galegas.

Números anteriores

O meu marabilloso sombreiro

Libro de Akiko Ishihara.

Lendo o libro poderemos gozar das súas cantigas en xaponés e galego combinadas con teatriño de Kamishibai.

Recomendado dende o Salón do libro 2014