22 de mar. de 2015

Nº 20 - Revista mensual para toda a comunidade educativa

Entre outras pequenas curiosidades atoparás:

A mediación escolar

-Como detectar un trastorno alimentaria

Libros recomendados

Clica na imaxe

O neno que puido facelo


Dous nenos levaban toda a mañá patinando sobre un lago xeado cando, de pronto, o xeo rompeu e un deles caeu á auga. A corrente interna desprazouno uns metros por debaixo da parte xeada, polo que para salvalo a única opción que había era romper a capa que o cubría.

 O seu amigo comezou a berrar pedindo axuda, pero ao ver que ninguén acudía buscou rapidamente unha pedra e comezou a golpear o xeo con todas as súas forzas.
Golpeou, golpeou e golpeou ata que con-seguiu abrir unha greta pola que meteu o brazo para agarrar o seu compañeiro e salvalo. Aos poucos minutos, avisados polos veciños que oíran os berros de socorro, chegaron os bombeiros.
 Cando lles contaron o acontecido, non paraban de preguntarse como aquel neno tan pequeno fora capaz de romper unha capa de xeo tan grosa. -É imposible que con esas mans o lograse, é imposible, non ten a forza suficiente como puido conseguilo? -comentaban entre eles.
 Un ancián que estaba polos arredores, ao escoitar a conversación, achegouse aos bombeiros. -Eu si sei como o fixo -dixo. -Como? -responderon sorprendidos. -Non había ninguén ao seu arredor para dicirlle que non podía facelo.

19 de mar. de 2015

Paseo matemático polo casco vello da cidade de Pontevedra

Traballando para o Salón do Libro deste curso 2014-15

Clica na imaxe para ver algunhas fotos do paseo.

Axiña poremos imaxes do traballo presentado

XIII Exposición da Camelia

                                                                           Ver fotos



21 de feb. de 2015

Inventor da Fotografía

Este ano 2015, a UNESCO, está a celebrar o Ano Internacional da Luz.  A nosa escola, entre outras cousas, está investigando a vida dos inventores de traballos relacionados coa luz, neste caso temos  a Joseph Nicéphore Niépce, que xunto con Louis Daguerre fixeron o primeiro proceso fotográfico que se coñece.

Máis sobre o ano da luz

Inventos  relacionados coa electricidade