16 de out. de 2015

Canto dos paxaros

Canta o merlo na silveira;
O cuco, no carballal;
O xílgaro, no loureiro;
O paspallás , no trigal…
¡E eu tamén quero cantar...!


Canta o corvo, como el sabe,
Por todo o seu piñeiral,
Na procura da ribeira
Onde poder mariscar…
¡Xa vou romper a cantar..!


Canta o moucho, canta o moucho,
No faiado do casal,
Os amores do veciño
Coa veciña de portal…
¡E eu tamén quero cantar..!


Os gorrións cantan sempre,
Que un ben pode tolear
Con tanto gorrión cantante
Por unha esmola dun gran…
¡Xa vou romper a cantar..!


Canta a pega onde se atope;
A pomba, no seu pombal.
Non sei se catou o galo, 
Reloxo pra o despertar…
¡E eu tamén quero cantar..!


Postos a cantar, cantemos:
Cantemos, todos á par,
Unha boa muiñeira,
Desas de poder bailar…
¡Xa estou rompendo a cantar..!:


“Unha noite no muíño,
Unha noite non é nada,
Unha semanita enteira
Esa si que é muiñada…”


Poderíase cantar coa música de "Teño un amor en Rianxo"

Ningún comentario: