Con este libro, o autor rescata do esquecemento a tradición milenaria do tallado de cabazas en Galicia. Este costume tradicional, que ata este momento non fora estudado convenientemente, relaciona a cultura galega con outras do ámbito atlántico e da antiga zona celtibera. Trátase do primeiro estudo antropolóxico que sobre este costume e as súas orixes atlánticas se realiza en Galicia. Tamén describe o autor a evolución e consolidación da festa de Samaín que se puxo en marcha en Cedeira hai máis dunha década. Finalmente conta cunha Unidade Didáctica que será de grande axuda para fomentar e coñecer esta tradición en todas as escolas de Galicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario