Un día, o burro dun campesiño caeu nun pozo. O animal chorou fortemente por horas, mentres o campesiño trataba de buscar algo que facer. Finalmente, o campesiño decidiu que o burro xa estaba vello e o pozo xa estaba seco e necesitaba ser tapado de todos os xeitos; polo que realmente non valía a pena sacar ao burro do pozo. Convidou a todos os seus veciños para que viñesen axudarlle. Cada un agarrou unha pa e empezaron a tirarlle terra ao pozo.
O burro, deuse conta do que estaba a pasar e chorou a máis non poder. Logo, para sorpresa de todos, calou despois de unas cantas paladas de terra. O campesiño finalmente mirou ao fondo do pozo e sorprendeuse do que viu, con cada palada de terra, o burro estaba a facer algo incrible: Sacudía a terra e daba un paso enriba dela.
Moi pronto todo o mundo viu sorprendido como o burro chegou ata a boca do pozo, pasou por encima do bordo e saíu trotando.
Moralexa: A vida vai a tirarche terra, todo tipo de terra, o truco para saír do pozo é sacudirla e usala para dar un paso cara arriba. Cada un dos nosos problemas é un chanzo cara arriba. Podemos saír dos máis profundos ocos se non nos damos por vencidos.
Usa a terra que che botan para saír adiante!
Ningún comentario:
Publicar un comentario