Amosando publicacións coa etiqueta Contos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contos. Amosar todas as publicacións

6 de maio de 2017

7 de abr. de 2017

"Aquiles o Puntiño" en Quen me conta un conto?



Este venres 7 de abril contouse o conto "Aquiles o Puntiño". Na primeira imaxe temos as tres "Contacontos"

19 de out. de 2016

Vagalumes na escuridade

"Cada vez que meu irmán e eu liamos un bo libro, acendíase no noso xardín unha luciña: a luz dun vagalume. E como aos dous nos enchía de ledicia a lectura, en pouco tempo o noso xardín veuse asolagado de pequenas luces douradas.
 Era un auténtico tecido vivente e *mesto – cada talo de herba trocado nunha pequena lapa de lume- o que nos facía moita compañía nas tardiñas e solpores de inverno.
Nin meu irmán nin eu tiñamos a mínima sospeita de que, durante as horas que gozabamos da nosa lectura, se desenvolvese moi preto de nós unha auténtica loita. Endexamais se nos pasou pola imaxinación que os nosos *lucecús, empregando as súas *lufadas de luz como únicas armas , estivesen empeñadas en loitar contra a escuridade, que de sempre ameaza con afundir ao mundo. Primeiro os nosos veciños e axiña o resto dos habitantes da aldea comezaron a amosar estrañeza e a preguntarse por qué tódolos *cagalumes preferían pasar a noite no noso xardín, deixando na escuridade ao resto da aldea.
Por fin, un día, meu irmán reveloulles o noso segredo : - Somos nós os que atraemos as *lucernas ao noso xardín -dixo- . Facémolo grazas ós libros que lemos. A continuación expliqueille: - Todo bo libro é un *luceiro que alumea na escuridade e endexamais se apaga.
Os nosos veciños prestaron atención as nosas palabras e comezaron tamén eles a buscar bos libros. De alí a pouco tempo, xa se formaba cola para entrar nas bibliotecas da aldea. Vellos e mozos, homes e mulleres pedían libros. Comezara a hora marabillosa da lectura. E mira ti por onde, os xardíns anegáronse de *vellas das papas . Balcóns, corredores e tellados estaban cheos de pequenas luces. As follas das árbores, as liñas das estradas eran brillantes.
A torre da igrexa *escintilaba na escuridade. E entón .... Entón a constelación do libro descolgouse do ceo e pousou silandeiramente na praza da nosa aldea. Era unha agradable constelación , formada por luces delicadas, trémulas, que invitaban aos *vermes da noite. Descendían como tódalas cousas de valor eterno: o amor, a bondade, a identidade, a liberdade, a beleza, a tenrura, a xustiza, e a outros tantos valores que engaden profundidade ás nosas vidas e dan un significado ao noso atropelado paso a través do planeta.
 Meu irmán e eu seguiamos sendo entusiastas dos libros. A lectura gustábanos con tolería. Teriamos razón? Que pensa a xente? Sobre todo, que pensas ti?"

Vocabulario:
Asolagado, anegado: Inundado. Escintilaba: Emitir intermitentemente raios de luz. Silandeiramente: Silenciosamente Lufada: Golpe de vento. Trémulas: Indecisas, con medo. Mesto: Basto, espeso.
Outros sinónimos de vagalume:
* Corcoño, * Vella do caldo, * Coroceiro, * Vella dos valados

22 de maio de 2016

"Legumízate" - Trotacontos ou "Conto viaxeiro" de varias escolas da cidade de Pontevedra


Escolas que colaboraron o conto: CEIP Parada de Campañó  / CEP Campolongo / CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez / EEI Verducido  /  CEP Marcos da Portela.
Este luns 23 de maio  teremos o Contacontos que nos vai presentar  esta historia   e algunha do maís do seu peto.

Artigos relacionados:    "2016 Ano Internacional dos legumes"
Como nos organizamos?
Ver fotos dos Contacontos Enrique Mauricio e Carlos Taboada 

14 de maio de 2016

O rapto de Europa

Zeus é un incansable conquistador e os seus amores con deusas, ninfas e mortais enchen unha ampla páxina da mitoloxía. No mito que nos ocupa Zeus puxo os seus ollos nunha bela moza asiática, filla de Agenor, rei de Tiro, en Fenicia, na conca oriental do Mediterráneo.
Pide axuda ao seu fillo Hermes para a preparación do encontro e posterior rapto que vai ser dos máis historiados porque o deus decidiu metamorfosearse nun belo touro. Hermes vai ser o encargado de conducir ao rabaño de bueis do rei desde os altos prados ata a praia próxima onde Zeus sabía que Europa e outras doncelas de Tiro acudían a pasar a xornada de diversión e asueto.

Zeus toma a forma dun touro blanquísimo, de faccións nobres, que non infunde medo e aproxímase saíndo do rabaño ata o grupo das novas. Estas asústanse ao principio pero aos poucos van collendo confianza co manso touro que acepta as súas caricias e as guirnaldas de flores que as raparigas trenzan para colocalas entre os cornos. Europa chega a sentar encima do animal, tan confiada e allea ao que lle espera. O touro bica os pés da nova, mentres as súas amigas adórnana, e disponse a continuar o seu plan.

O animal incorpórase e sen demora lánzase ao mar coa ansiada carga na súa grupa. As amigas quedan na costa, sorprendidas, levantando as mans en xesto de sorpresa e o grupo introdúcese en mar aberto onde os Ventos axudan a avanzar e onde grupos de divindades mariñas xurdirán como cortexo.

Chegan ás costas da illa europea de Creta. Alí Europa dará a luz a tres fillos, Minos, Sarpedón e Radamantis deixando así a estirpe divina na illa.

8 de maio de 2016

Don Quixote en Galego para nenos - De Anxo Fariña



Todos de Anxo Fariña


Don Quixote e Breogán. A aventura dos muíños. (A Nosa Terra, 2005).
Don Quixote e Breogán. O dragón voador. (A Nosa Terra, 2005).
Don Quixote e Breogán. Dulcinea a nena cabaleira. (A Nosa Terra, 2005).
Don Quixote e Breogán. O exército de ovellas. (A Nosa Terra, 2005).
Don Quixote e Breogán. O león durmiñón. (A Nosa Terra, 2005).
Don Quixote e Breogán. A pousada encantada. (A Nosa Terra, 2005).  Ver en Novidades na Web Bibliotecas de Campolongo

9 de abr. de 2016

Unha extraña forma de piedade


O Inca Atahualpa deixouse bautizar para salvar a súa vida. Ao serlle aplicado o primeiro dos sacramentos da Igrexa, co cal se lle daba o carácter de cristián, de igual aos invasores do seu reino, é dicir, de merecedor de piedade e misericordia. Non se equivocou. Os piadosos españois non o queimaron como debían facelo cun salvaxe idólatra. Con suma humanidade e extremos coidados aforcárono e logo de morto queimárono