Ver máis fotos - Ver vídeo do Acto
Como este ano o 23 de abril cadrou en sábado, decidimos celebralo o luns 25 . Fixemos unha pequena lectura colectiva no patio todas as titorias e rematamos o acto co Manifesto da Directora Xeral da Unesco falando da importancia do libro e a súa lectura. Nun principio pensou en ler o texto-agasallo que fixo Pedro Feijoo "Os libros son para valentes", pero como este xa o tiñamos posto en varios sitios da escola, sobre todo no Recuncho-Exposición, decidimos, por ser tamén unha Escola Asociada Unesco, ler tamén, o bonito texto de Irina Bokova, aínda que si lle fixemos un guiño a Pedro Feijoo, aprendendo en Yogote a frase "Os libros son para valentes". Máis sobre o Día do Libro
Ningún comentario:
Publicar un comentario