O sábado 23 de abril será de novo o Día Internacional e Día Mundial do libro. A nosa mascota Xafi, propón facer unha lectura colectiva o luns 25 de abril no patio da escola no tempo de lectura despois do recreo. Sentaríamos cada grupo en círculo como cando nos sentamos a comer as castañas no Magosto ou como cando fixemos a Carrasquiña. Cada aula elixe que ler e de que forma . Xafi recomenda, a poder ser, facerlle un guiño a catro dos persoeiros homenaxeados neste curso: Neira Vilas, polo seu pasamento . Manuel María, por ser o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Ledicia Costas, por ser a homenaxeada este ano no Salón do Libro e Miguel Cervantes polo 400 aniversario do seu pasamento . Os libros ou contos poderían traelos eles da casa. Poderíamos rematar o acto lendo un pequeno texto de "Os libros son para valentes"
Xunto a esta actividade esta semana tamén imos intentar facer:
- Poñer curtas, contos, etc, relacionados con estas temáticas no vídeo do corredor de abaixo.
- Lanzar a actividade "Foto lendo na natureza", onde cada nen@, voluntariamente, presentará un foto lendo nalgún espazo ó aire libre.
- Facer a actividade do venres "Quen me conta un conto?" todos os días desta e da semana seguinte.
- Debuxar unha escea do Quixote para contárllela a un cego.
- Facer a actividade do venres "Quen me conta un conto?" todos os días desta e da semana seguinte.
- Debuxar unha escea do Quixote para contárllela a un cego.
- Exposición de libros nalgún dos corredores con libros de "Bichería" e tamén dos autores antes nomeados.
Por suposto Xafi acepta suxestións para que a comunidade educativa sega lendo para gozar e loitar contra a ignorancia.
Artigo relacionado: O Día Internacional do Libro nas Bibliotecas Escolares
Ver Actividades doutras Escolas
Artigo relacionado: O Día Internacional do Libro nas Bibliotecas Escolares
Ver Actividades doutras Escolas
Ningún comentario:
Publicar un comentario