2 de dec. de 2016

1ª Saída do Proxecto Ríos





Esta foi a 1ª saída do noso Proxecto Ríos. Comezamos descubrindo os nomes das árbores que temos no cole. Cada alumno/a tivo que aprender o nome dunda delas. Se tiña folla collía unha para logo secar e ver se nos queda ben para facer o noso "1º Herbario  das follas das árbores do cole". Ó ser  decembro, o freixo e o magnolio xa non tiñan folla, por ser árbores de folla caduca. O liquidambar  estaba lucindo as súas cores de outono, axiña lle caerán todas, ata que volvan a brotar na primavera. Como curiosidade especial poidemos ver por 1ª vez o froito da "Aucuba" ou tamén chamado "Loureiro manchado", cos seus froitos  vermellos.  Xa temos 18 árbores localizadas. Aínda quedan unhas poucas. Ver plano de situación das árbores  - Xogar para aprender
Ver máis fotos

Ningún comentario: