2- «Si, pensei, acababa de atopar a resposta ao meu enigma. A diferenza do home musulmán, que establece a súa dominación por medio do uso do espazo (excluíndo á muller da área pública), o occidental manipula o tempo e a luz. Este último afirma que unha muller é bela só cando aparenta ter catorce anos ...».
3- «Fixar esa imaxe de nena na iconografía como ideal de beleza condena á muller madura á invisibilidade».
4- «Ao confinar ás mulleres ao status de obxectos simbólicos que sempre serán mirados e percibidos polo outro, a dominación masculina colócaas nun estado de inseguridade constante. Teñen que loitar sen cesar por resultar atractivas, belas e sempre dispoñibles».
5- «A palabra clave é a fronteira e o medo. Occidente ten medo ao islam, os homes teñen medo das mulleres. Contra isto créanse dobres barreiras: o visado na fronteira que separa os do sur dos do norte. E, dentro do Magreb, o espazo público, reservado aos homes, do privado no que se confina ás mulleres á obediencia. (...) O transgresor ha de saltar tres obstáculos á vez: a fronteira do país, a da súa diversidade cultural e a de clase inferior e reprimida. Cal é a súa proposta? ?É tan parva como simple. No canto de pechar fronteiras, pedir visados, armarse ata os dentes e dar lugar ao nacemento de novos fascismos europeos, bastaría con investir en educación. A educación da muller no mundo árabe revelouse como o método anticonceptivo máis eficaz. Alí onde fracasou a pílula gratuíta, imposta despóticamente en moitos casos e como tal rexeitada, triunfa o control da natalidade baseado na alfabetización e a cultura».
6- «A escala mundial o home musulmán non ten poder. Por iso compra armas, porque nesa situación "feminina" internacional a súa problemática é a do poder».
Artigos Relacionados: Fátima Mernessi - O Cowboy ou Simbad ? Quen vencerá na globalización ?
Artigos Relacionados: Fátima Mernessi - O Cowboy ou Simbad ? Quen vencerá na globalización ?
Ningún comentario:
Publicar un comentario