Amosando publicacións coa etiqueta Trotacontos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Trotacontos. Amosar todas as publicacións

10 de maio de 2017

Fotos do Trotacontos "Petiscos de Agarimo"





 Ver máis fotos  -   Carlos Taboada e Enrique Mauricio , membros do colectivo "Polo Correo do Vento"  amenizaron a entrega do Conto "Petiscos de Agarimo" feito por varias escolas de Pontevedra, entre elas a nosa. Os nenos e nenas fixeron de escritores e ilustradores e pasaron un rato agradabel con estos dous simpáticos artístas do libro.

6 de maio de 2017

16 de nov. de 2016

Comeza o Trotacontos: "Petiscos de agarimo"


Onte comezou o "Trotacontos" ou "Conto Viaxeiro" deste curso 2016-17. A xuntanza para a toma de decisións fixémola no CEIP de Campaño. O tema elixido para o conto foi "Petiscos de agarimo". As escolas que van participar son : CEIP Campañó, EEI deXeve,  EEI Crespo Rivas, CEP San Bieto de Lérez .... e por suposto o CEP Campolongo. Na nosa escola os cursos que participan son os tres grupos de segundo  (A,B,C) .   A data de entrega do conto será o xoves 30 de marzo de 2017. Cada escola elaborará dúas páxinas  do conto (tamaño A3)  que irán acompañadas de dúas ou tres fotos dos cursos participantes de cada escola. 

23 de maio de 2016

Enrique e Carlos cóntannos o noso conto "Legumízate"

 Hoxe estiveron connosco  Enrique Mauricio  e Carlos Taboada, un  escritor e outro ilustrador, ámbolos dous pódense atopar en Polo Correo do Vento. 
Viñeron a contarnos e logo a entregarnos o conto que fixemos varias escolas de Pontevedra no tradicional "Trotacontos", foi o acto final desta actividade que durou todo o curso,  percorrendo e traballándose  cada mes nunha escola da cidade.  Este ano a historia levou  por título "Legumízate".  Aínda que foron 75 rapaces de 2º  de primaria os participantes , Enrique e  Carlos fixeron un esforzo grande para que o pasaran ben coñecendo o conto enteiro " e aprenderan, tamén,  algunhas cousas sobre escritores e ilustradores de libros e contos.
  Ver algunhas  das fotos.
Artigos relacionados: Lugumízate    /  Como nos organizamos   / Ver o conto en imaxes

Ver as publicacións de Enrique Mauricio e Carlos Taboada

30 de dec. de 2015

Conto Viaxeiro - Primaria- 2015-16


ORDE

COLEXIO

PERÍODO DE TEMPO

Nº DE PÁXINAS

1º

CEIP DE PARADA – CAMPAÑÓ

Finais novembro – decembro 2015
(envío ó colexio seguinte o LUNS 04 DE XANEIRO como máximo)

2 + portada


2º

CEP DE CAMPOLONGO
Ver páxina 3
Ver páxina 4


Xaneiro 2016
(envío ó colexio seguinte o VENRES 29 DE XANEIRO como máximo)

2

3º

CEIP PLURILINGÜE SAN BENITO DE LÉREZ
Ver páxina 5
Ver páxina 6

Febreiro 2016
(envío ó colexio seguinte o LUNS 29 DE FEBREIRO como máximo)

2

4º

EEI DE VERDUCIDO
Páxina 7
Páxina 8

Marzo 2016
(envío ó colexio seguinte o XOVES 31 DE MARZO como máximo)

2

5º

CEP MARCOS DA PORTELA
Páxina 9
Páxina 10

Abril 2016
(envío ó colexio seguinte o VENRES 22 DE ABRIL como máximo

2
COUSAS A TER EN CONTA
Nº de páxinas
    • 2 PÁXINAS POR CONTO ESCOLA
Formato
    • FORMATO DIN A3
Título de Primaria
(Provisional)
Márxenes
    • RESPECTAR OS “MÁRXENES” E NON ESCRIBIR NOS BORDES


Que enviar?
    • ENVIAR Ó COLEXIO SEGUINTE  E Ó COLEXIO ORGANIZADOR :
    • 2 FOTOS DOS RAPACES POR CONTO
    • A PÁXINA ESCANEADA DAS PÁXINAS FEITAS POR VÓS
    • A/S PÁXINAS FEITAS POLOS COLEXIOS ANTERIORES

Puntualidade
    • AGRADECERÍASE PUNTUALIDADE NOS ENVÍOS 
    • No caso de rematar antes do prazo  MELLOR.

Propostas
    • Acéptanse propostas ó longo da elaboración do Conto Viaxeiro. 
Entrega Final
    • Os TRABALLOS ORIXINAIS entregaranse no CEP DE CAMPOLONGO o venres, 22 de abril, ata as 14h. 

11 de xuño de 2015

Os nosos contos do Trotacontos



Un ano máis participamos xunto con outras escolas no chamado Conto viaxeiro ou Trotacontos. Máis ben nas últimas edicións está sendo un conxunto de contos relacionados cunha temática. Este ano foi o da Luz, por ser o 2015 "Ano Internacional da Luz"
Os nosos contos foron "As 3 fabas" e "O segredo dos vagalumes"


Se clicas na portada "Contos con luz" poderás ver todo o conto.
Ver as fotos do Trotacontos en Campolongo