04/05/2009

Actividades para celebrar Abril dos libros e as letras galegas.

Semana 15-24: "Pousando ideas". (Preme enriba das liñas para ver se te atopas nas fotos).
* Ambientación da biblioteca: Móbiles do Sistema Solar con composicións poéticas relacionadas co mesmo.
*Ambientación do centro: murais, exposicións de libros, "libriños sobre o sistema solar", elaborado polos alumnos/as.
*Concurso de mensaxes, titulando os murais.
*Ilustracións das portadas dos libros recomendados na GUÍA do 3º trimestre.
*"UN POUCO DE TODO" : texto ilustrado relacionando " o día do libro, letras galegas, e o Sistema Solar".
*23 de Abril: Día do libro. Lectura colectiva por niveis das composición elaboradas polos alumnos/as. (Ver vídeo a esquerda)

Semana do 27 ó 30 de abril: Actividades de animación á lectura:

*Monicreques e dramatización de contos para Educación Infantil e Primeiro ciclo de Primaria a cargo de alumnos de 3º ciclo.
*Recital de poesías ao 2º e 3º ciclo de primaria a cargo dos alumnos e alumnas de segundo.

Ningún comentario: