A piques de cumprir os noventa anos déixanos Miguel Delibes, nun día de marzo
ao igual que o protagonista da súa novela Cinco horas con Mario.
A literatura española, en xeral, e a narrativa da postguerra, en particular, perden a
un dos seus máis senlleiros cultivadores.
Hoxe finou o pai de Daniel el Mochuelo e Camila la Lepórida, de la Régula e Azarías,
de Malvino e doña Resu, de Vítora e Quico, de Cipriano Salcedo e Catalina de
Bustamante... Eles e tódolos demais protagonistas da súa vasta obra están de loito,
nós unímonos a este loito tentando coñecer un pouco mellor a obra deste vallisoletano
universal.
É proverbio latino: as verbas voan, o escrito permanece. Delibes, ao longo da súa
vida, usou millóns de verbas, moitas voaron (igual que hoxe a súa existencia
corporal) pero milleiros e milleiros delas fixéronse carne nos seus libros e habitan
nas bibliotecas (na nosa tamén) e fan inmortal ao escritor. Aproveitemos o seu
legado lendo algúns dos seus textos; no instituto atoparedes: La sombra del ciprés
es alargada, El camino, Las ratas, Cinco horas con Mario, El príncipe destronado,
Los santos inocentes e Señora de rojo sobre fondo gris.
Descanse en paz Miguel Delibes! |
![]()
Delibes co seu inseparable xornal
|
A triste nova no Xornal de Galicia. Especial sobre Delibes no xornal El País |
Se queres ver a serie O camiño, preme aquí.
|
13 de mar. de 2010
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario