30 de abr. de 2010

Ó Maio

Coma todos os anos empezamos a facer o Maio no cole, e mañá iremos a Ferraría a cantalo a partir das 11, virás con nos?

  ANÍMATE!!!!!!!!!


Estas son as coplas que imos cantar:


Pontevedra ponte leda
nesta mañá floreada
aquí chega o noso maio
que espertou na madrugada.

Campolongo é noticia
no eido da educación
adxudican máis rapaces
sen facer ampliación

Van ordenar a paisaxe
e tamén o litoral
ratifican o desastre
como algo natural.

Cun adeus nos despedimos 
na fermosa Ferraría 
Campolongo xa se marcha 
co folgar do mediodía.


Para ver as fotos da elaboración do maio por parte dos alumnos e alumnas preme aquí.

Ningún comentario: