28/12/2013

Invictus

Nelson Mandela recitaba en prisión este poema de William Ernest Henley para conseguir os azos suficientes para continuar vivindo:

  INVICTUS

 Fóra da noite que me cobre,
 Negra como abismo de polo a polo,
 Dou grazas ó deus que for
 Pola miña alma inconquistable.

 Nas feroces poutas da circunstancia
 Nin xemín nin berrei
Baixo  os golpes do azar
 A miña cabeza sangra, pero non se inclina 

 Máis alá deste lugar de ira e bágoas
 É inminente o Horror da sombra,
 E porén a ameaza dos anos 
 Atópame e atoparame sen medo.

Non importa o estreita que sexa a porta 
Nin o cargada de castigos a sentenza 
Son o amo do meu destino 
Son o capitán da miña alma

Ningún comentario: