27/12/2015

Os Trubincos, trasnos propios do Nadal

Por Rafa Quintiá: "En Salcedo atopamos unha particular variedade de trasno que vén facer fincapé na riqueza que ten Galicia en seres míticos e, como non, en seres míticos asociados ao Nadal. Refírome aos Trubincos, e deles faloume hai xa uns anos o Sr. Juan Piñeiro, do lugar da Cancela. Os trasnos son uns seres míticos cuxo entretemento principal é causar na casa desordes, enredos e outras trasnadas. Os trasnos fan ruídos nocturnos, molestan, agachan as cousas, sementan confusión e non deixan durmir. Pero os Trubincos son unha caste de trasnos propios do Nadal. Estas criaturas amigas do enredo e de remexer as cousa, baixan pola cheminea na noite de Noiteboa e se na casa non se teñen preparadas unhas piñas con brea para darlles como agasallo fanche trasnadas e revólvenche todo no fogar"

Ningún comentario: