22/01/2015

Caddy Adzuba - Homenaxeada polas Escolas Asociadas UNESCO



Caddy Adzuba  Premio Príncipe de Asturias á Concordia 2014 e Premio Internacional de Periodismo Julio Anguita Parrado 2009, realiza un labor arriscado e profundamente comprometido cos valores da paz e a defensa dos dereitos humanos. 
Nace en Bukavu, República Democrática do Congo, en 1981. Licenciada en Dereito pola Universidade Oficial de Bukavu e membro fundadora da rede Un Altofalante para o Silencio -proxecto da Fundación Euroárabe-, Caddy Adzuba exerce o periodismo en Raio Okapi, emisora da Misión de Nacións Unidas na República Democrática do Congo -MONUC-, que emite en todo o territorio deste país. Adzuba é membro da Asociación de Mulleres de Medios de Comunicación do Leste de Congo, grazas á cal se realizaron distintas alegacións á Corte Penal Internacional e ao Senado dos Estados Unidos, denunciando a violencia sexual que sofren as mulleres de República Democrática do Congo, un país que vive en guerra dende 1996 e no que se cifra unha media de corenta violacións diarias a mulleres dende o inicio do conflito. 
 Na traxectoria profesional de Caddy Adzuba, Premio Internacional de Periodismo Julio Anguita Parrado 2009, destaca o seu compromiso na defensa dos dereitos humanos e a construción da paz dende o seu labor como xornalista nun dos conflitos máis atroces do mundo, e a súa denuncia da violencia que se exerce contra as mulleres, da utilización das nenas e nenos como soldados e da defensa da liberdade de expresión. En 2014, Caddy Adzuba recibe o Premio Príncipe de Asturias á Concordia, recoñecendo así a súa loita pola liberdade de prensa, a reconstrución da paz e os dereitos humanos, especialmente os da infancia e as mulleres en zonas de conflito. A súa denuncia, a través do periodismo, das torturas e violacións das que son vítimas as mulleres e as nenas congolesas e o seu traballo pola reinserción destas mulleres nunha sociedade na que son repudiadas, por este feito.

Máis sobre Caddy Adzuba no blogue en REGAU (Blog das Escolas Galegas Asociadas á UNESCO)

Ningún comentario: