9 de feb. de 2016

Canta o cuco - Amo esta terra

Libro- Musical  "Canta o Cuco"  (Uxía e Magín)

Amo esta terra desnuda e luxuriosa,
a terra que nos ten e nos devora:
esta amante fatal que nos namora
coa súa gracia lixeira e poderosa.

Amo esta dona que cala, ri e chora,
que se mostra atrevida e pudorosa,
que a camelia e máis a rosa
e que, logo da noite, trae á aurora.

Amo esta marabilla terra en flor,
ás lúcidas lumieiras do sentido
e o delicadísimo lume do amor.

SÓ, de verdade, vale o amor vivido:
aquel que pode vencer a nosa dor
e liberarnos da nada e do olvido.

1 comentario:

Fernando dixo...

Ola. Son Fernando de Galaxia. Grazas Nito por poñer estas fermosas imaxes de Canta o cuco. Pronto irei polo cole levarvos uns posters de Manuel María