26/09/2016

Visitas Escolares na Biblioteca Pública de Pontevedra


A BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA iniciará a partir do  2 de novembro   e ata  o 31 de maio de 2017, o seu programa de “Formación de usuarios  e Animación á lectura” aberto a tódolos centros escolares de Pontevedra e a súa provincia.

            As  visitas diríxense a nenos e nenas dos cursos de 4º, 5º e 6º de Infantil e 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. A súa duración  será aproximadamente de 60 minutos, nos que se van a desenvolver  actividades de animación  adaptadas ás diferentes idades, coa finalidade de fomentar a lectura e dar a coñecer os servizos e fondos bibliográficos da Biblioteca. 

Realizaranse tódolos  mércores  dúas visitas en horario de mañá de 10:00 a 11:00 horas a primeira e de 11:15 a 12:15 horas a segunda,  en grupos  de 25  a 30 alumnos.

            É necesaria a concertación previa de visitas, na que se deberá indicar:  o curso ao que pertezen e a actividade que se escolle, cun límite de catro sesións por colexio.

ÁBRESE O PRAZO O DÍA 3 DE OUTUBRO  na Biblioteca Pública en horario de 9 a 14 h. no tlf. 886 159 249.

Ningún comentario: