14 de xan. de 2017

Libros de Fátima Mernissi


"EL harén político: o profeta e as mulleres" (1987) Edicións do Oriente e do Mediterráneo, e "El velo y la élite masculina" (1987)

No ensaio ,O harén político, estuda o papel das esposas de Mahoma. Mernissi profunda no Corán e  na vida de Mahoma para demostrar que o Profeta tentou axudar ás mulleres e que logo as súas palabras foron manipuladas. O libro foi censurado en Marrocos, do mesmo xeito que "O veo e a elite masculina".

"El poder olividado. Las mujeres ante un islam en cambio" (1995) Editorial Icaria, 2010

Nel recompilou unha serie de artigos escritos nos anos oitenta e principios dos noventa que tentaban responder, desde diferentes ángulos, á pregunta que a obsesionaba por aquel entón: por que os Estados árabes son tan hostís ás mulleres? Por que non as poden ver como forza motriz do progreso? "Non comprendín o misterio da hostilidade estatal cara á muller -afirmou nunha ocasión- ata que estalou a guerra do golfo Pérsico. Foi entón cando se viu claramente que non se trataba dunha guerra contra a feminidade senón dunha guerra contra a democracia."

"El miedo a la  modernidade" (1992) Edicións do Oriente e do Mediterráneo

"Cando os europeos din que o islam non é compatible coa modernidade, a que islam se refíren: ao de quince séculos de experiencias que abarcan desde Indonesia ao Senegal, ao da modernidade do emir do Golfo, ao do chofer do emir ou ao do emigrado palestino que traballa para o emir? Creo que un musulmán sería un estúpido se non utilizase os beneficios que lle reporta a modernidade: o teléfono, o fax, o computador, o coche; Jomeini utilizaba a casete; pero queda un espazo ao que non chega esa modernidade: os dereitos humanos ... "


"Las sultanas olvidadas" (1990)  Muchnik Editores, 1997

As sultanas esquecidas é un libro apaixonante sobre as relacións tormentosas entre as mulleres, o poder polí- tico mundano ; neste caso, claramente diferenciado do poder espiritual, e o esquecemento que as lecturas interesadas da historia depositaron sobre o protagonismo das mulleres árabes. O libro comeza a súa longa e prolixa andaina a partir do asombro que, ao parecer, produciu o que Benazir Bhuto, unha muller, ocupase democraticamente o poder nun estado musulmán.? (María José Guerra, "Mulleres, Poder político e Islam")

"Sueños en el umbral. Memorias dunha nena do harén" (1994) Editorial Península

É a súa única obra narrativa. Nela debulla a súa infancia e mocidade no ámbito limitado e estreito do harén doméstico. Alí as mulleres logran traspasar os seus límites, e non ceden. Tanto a súa nai como a súa avoa quererán que a Fatima lle medren ás que a eleven.

"Por algunha razón, dicía o meu pai, cando Alá creou o mundo separou aos homes das mulleres e colocou un mar entre musulmáns e cristiáns. Existe harmonía cando cada grupo respecta os límites dos demais; a transgresión só causa pena e desdicha. Pero as mulleres soñaban con ela continuamente. A súa obsesión era o mundo do outro lado do limiar. Fantaseaban durante todo o día con pasear por rúas descoñecidas, en tanto que os cristiáns seguían cruzando o mar, traendo consigo a morte e o caos. "[Fragmento]

"El amor en el Islam" (2008) Ed.Aguilar

O amor no Islam reedítase máis de 20 anos despois da súa creación debido en parte ao redescubrimiento dunha das obras que o inspira "O Colar da Pomba" un tratado amoroso escrito por Ibn Hazm no século XI que conseguiu unha importante difusión nos últimos tempos grazas a Internet. Aquí podedes ler o prefacio á moderna edición onde Mernissi reflexiona sobre este revival inesperado.


Ningún comentario: