26 de nov. de 2020


" MULTIPLICA  IGUALDADE  E  DIVIDIRÁS  A  VIOLENCÍA !"



O lema dos alumnos de 5.º de primaria do CEP Campolongo, de Pontevedra, foi o gañador da súa categoría no concurso convocado pola Xunta con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.

 Os estudantes do CEP Campolongo articularon como lema "Multiplica igualdade e dividirás a violencia", que resultou vencedor na categoría de 5.º de primaria a 2.º de ESO. A secretaria  xeral de  Igualdade, Susana López Abella, deu a coñecer este martes os gañadores  no Centro de Supercomputación de Galicia ( Cesga).

O obxectivo da convocatoria foi promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia . O xurado valorou a participación activa do alumnado nesta iniciativa, o traslado dunha mensaxe acorde co rexeitamento da violencia de xénero, a orixinalidade, a creatividade lingüística, a claridade e a adecuación da mensaxe. 

Os lemas gañadores en cada categoría poderá ser utilizados pola Xunta en futuras conmemoracións do 25 N ou en calquera outra acción de sensibilización. 

No premio hai unha cuantía económica para gastar no comercio local. 

Ningún comentario: