Amosando publicacións coa etiqueta Salón do libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Salón do libro. Amosar todas as publicacións

30 de mar. de 2017

CEP Campolongo no Salón do Libro "O Mundo que queremos"

Lema do ano 2017
Algúns dos obxetivos do Milenio


Traballo CEP Campolongo
Traballo presentado polo alumnado do CEP Campolongo para a XVIII Edición do Salón do Libro. Nos dous libros están presentes os "Obxectivos do Milenio" aprobado pola UNESCO

Ver traballos doutras escolas

 A exposición estará aberta ata o domingo  2 de Abril de 2'17

7 de feb. de 2017

Escaquis e Romeu

Agasallo do Concello de Pontevedra para a nosa biblioteca por participar na  XVIII Edición do Salón do Libro.
Libro escrito por Antonio Manuel Fraga e ilustrado por Jacobo Fernández. Inspirado no lema da vindeira edición, "O mundo que queremos" servirá de inspiración para a ambientación.
Publicación exclusiva do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Ver as últimas novidades da nosa biblioteca

23 de nov. de 2016

Comeza a XVIII Edición do Salón do Libro de Pontevedra

Comeza a andaina do "Salón do Libro".  Esta vai ser a XVIII Edición. Este ano leva por tema "O mundo que queremos".
Con esta temática quérese englobar diferentes temáticas:  o medio, a saúde  a integración e a igualdade, a accesibilidade e a mobilidade, o respecto, a inmigración ou a vellez, a solidariedade, a investigación en todos os seus ámbitos, etc.
Haberá unha publicación propia como fío conductor, feita polo escritor Antonio Manuel Fraga e o ilustrador Jacobo Fernández Serrano, que nos contarán  as aventuras de "Escaquis e Romeu". A presentación do libro terá lugar o sábado 3 de decembro ás 12:45 h dentro do Cuturgal.   Ler máis.

Data de incripción: Antes do 22 de decembro: centro, curso e número de alumnos/as por curso que participe.
Data completos de incripción:  Antes do 18 de xaneiro. Formato do traballo, título, bibliografía ... ou algunha modificación de cursos e nenos.
Data límite para entregar os traballos: 3 de marzo.
O acto principal ou celebración das exposición dos traballos e obradoiros Terá lugar entre o 10 de marzo e o 2 de abril.   Folla de inscripción

7 de xuño de 2016

Salón do Libro - Título para o 2017- "O mundo que queremos"

O título da vindeira edición do Salón do libro, a número XVIII: “O mundo que queremos”.
O lema, lonxe de ser unha utopía, pretende aunar aportacións reais, tanxibles e factibles para construir ese mundo mellor. Queremos englobar temas como o coidado do medio , a saúde, a integración e a igualdade, cuestións como accesibilidade e a mobilidade, o respecto , a inmigración ou a vellez, a solidariedade, a investigación en todos os seus ámbitos, etc.
Tendemos a idealizar as accións para conseguir o mundo que queremos sen plantexarnos que ese cambio empeza en nós, individual e colectivamente, na nosa actitude, no xeito de tratar aos demais e ao noso entorno, de investir esforzos en buscar solucións aos problemas ou á realidade, aportando o mellor de nós mesmos e dos nosos coñecementos, na medida que formamos parte da sociedade na que vivimos.
Todas esas accións que podemos levar a cabo a diario, son as que busca “O mundo que queremos”.

A organización do Salón do Libro

6 de abr. de 2016

O ser vivo máis grande do mundo no Salón do Libro 2016 - "O Arrecife de Coral"





O alumnado de 4º  está a a participar na XVII Edición do Salón do Libro. Presentaron  "O ser vivo máis grande do mundo ". Dous libros con moitas historias sobre este enorme ser vivo: "O  Arrecife do Coral".




Traballos do Salón do Libro 2016 - "Canta Bichería"


Achegándote ó Pazo de Cultura de Pontevedra poderás gozar dos moitos traballos feitos polas escolas de Pontevedra. Se queres ver algúns deles clica na imaxe. Entre eles temos o da nosa escola de Campolongo.

Libros no Salón do Libro 2016 - "Canta Bichería"


Clica nas imaxes para ver algúns dos libros que nos recomendan para entrar no mundo da bichería  os organizadores do  Salón do Libro 2016. Entre todos destacan este ano a tres persoeiros: Ledicia Costas por ser a homenaxeda este ano no Salón do Libro, a Neira Vilas polo seu recente pasamento, e a Manuel María por ser o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
Ver os traballos das escolas



2 de mar. de 2016

Proposta teatral Salón do Libro 2016 - "Canta Bichería"

  Clicando na imaxe poderás ver a oferta teatral  que hai este ano no Salón do Libro. Vai incluída unha breve explicación das obras e as idades recomendadas.

Hai que apuntarse antes do 9 de marzo.


9 de set. de 2015

"Canta bichería" - Lema da XVII Edición do Salón do libro


 Os animais. Domésticos, de granxa, salvaxes e mariños, reptis, paxaros, etc. Todos teñen cabida e serán os protagonistas no ano 2016 baixo o lema “Canta bichería!”.

Ver nova no Pazo de Cultura

10 de abr. de 2015

Seres galácticos facendo un roteiro matemático pola Casco Histórico de Pontevedra


Clica na segunda imaxe para ver as historias dos seres galácticos que visitaron o casco histórico da nosa cidade en Pontevedra. Traballos feitos polo alumnado de 3º durante o curso 2014-15 para o Salón do Libro.
Estas historias tamén as podes ver e ler no libro que se fixo na biblioteca da escola.

Ver as fotos do paseo

19 de mar. de 2015

Paseo matemático polo casco vello da cidade de Pontevedra

Traballando para o Salón do Libro deste curso 2014-15

Clica na imaxe para ver algunhas fotos do paseo.

Axiña poremos imaxes do traballo presentado

5 de xuño de 2014

Cociñando Contos no Salón do Libro 2014


O alumnado de 4ºD visitando o Salón do libro e montrándonos o seu traballo compartido e consensuado. Ver fotos dos traballos.

30 de maio de 2014

Cociñando contos no Salon do Libro 2014 -



Este ano "Cociñáronse contos" no Salón do Libro 2014 de Pontevedra. Se clicas na ligazón que segue atoparás case todos os contos que levamos desta escola. Unha morea deles.

Ver os contos