Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía. Amosar todas as publicacións

21 de feb. de 2021

21 DE FEBREIRO "DÍA DA LINGUA MATERNA"

21 DE FEBREIRO 

DÍA  DA LINGUA MATERNA

 "LINGUA  GUAPA"

Deixámosvos a letra do   poema "Lingua Guapa" do libro disco  de Fina Casalderrey e Néstor Blanco.
Tamén podedes  disfrutar  do vídeo  que  grabaron para esta canción. Entre os  nenos  e  nenas  do  coro,  moitos  son  do noso CEP CAMPOLONGO.



17 de feb. de 2021

ROSALÍA DE CASTRO "Rosalía Pequeniña"

                     ROSALÍA  DE   CASTRO

          "Rosalía  Pequeniña" 

Álbum cunha chea de poemas de Rosalía de Castro, que interpreta  

Uxía Senlle

A Rosalía (Nun  bico , Un  cantar)
Como chove miudiño
 Alborada


ROSALÍA DE CASTRO


 ROSALÍA  DE  CASTRO

PASAPALABRA DE ROSALÍA

 ROSALÍA  DE  CASTRO 

PASAPALABRA SOBRE ROSALÍA

Outro  recurso  máis  sobre  Rosalía  de Castro. 

Neste caso pensado  para 6º de Primaria

 https://es.educaplay.com/recursos-educativos/4309716-pasapalabra_sobre_rosalia.html




24 DE FEBREIRO "DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO"

 24 DE FEBREIRO
DÍA  DE ROSALÍA DE CASTRO





24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

24 DE FEBREIRO
DÍA  DE  ROSALÍA DE CASTRO






 

13 de mar. de 2017

A Camelia con Rosalía de Castro no seu 180 Aniversario


 Máis traballos  - Ver a Camellia Japonica "Rosalía de Castro"  - Máis sobre Rosalía de Castro

"Adios ríos, adios fontes" - Versión Karaoke

No primeiro vídeo están metidas algunhas fotos e vídeos do día da celebración. O segundo  ten dúas veces a canción. Utilizouse para os ensaios. A primeira dura 13 ` e a ssegunda 12 `. Debaixo hai un enlace para a versión curta sen fotos (só a canción co texto en imaxes)
Ver a versión curta sen fotos do alumnado

21 de feb. de 2017

Adiós Ríos, Adios Fontes - Rosalía de Castro /Astarot- Versión longa e versión curta

Proposta de actividade: Para a semana de Rosalía (24 de febreiro), que pode ser a volta das vacacións do entroido (días 2 ou 3 de marzo ) imos aprender e cantar este poema ,  interpretado polo  polo grupo Astarot. O alumnado de 5º e 6º irá polos  demais cursos para acompañar cantando esta canción a todo o alumnado.  Poremos este vídeo de fondo para cantar e levar todos o mesmo ritmo (Tipo Karaoke). Os nenos xa poden ir aprendendo algo a canción, deixarémoslle o poema escrito para acompañar a canción. Aqueles que a aprendan, igual, tamén a poden cantar na Semana das Letras Galegas. O primeiro vídeo ten a letra e a música. O segundo  só lo a música. Remataremos o acto recitando dúas estrofas en yogote.  (VER VÍDEO COA ACTIVIDADE FEITA)

Letra cantada por Astarot coa supresión de algunha estrofa  do poema orixinal


Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,

prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,

muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,

amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
caminiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adiós!

¡Adiós groria! ¡Adiós contento,
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso
por un mundo que non vin!

Deixo amigos por extraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡quen pudera no o deixar...!

Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.

Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.

Xa se oien lonxe, máis lonxe...
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...
Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!

¡Adiós tamén, queridiña...!
¡Adiós por sempre quizais...!
Dígoche este adiós chorando
desde a beiriña do mar.

Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!, ¡meu lar!
Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos


19 de feb. de 2017

Preparando a cancíon-poema "Adios Ríos, Adiós Fontes"


5º e 6º preparando o poema-canción para a Semana de Rosalía que cantarán cos máis pequenos.

Os murais de Rosalía


Artigo relacionado: "Adiós Ríos, Adios Fontes - Rosalía de Castro /Astarot"

Máis na Etiqueta Rosalía

Campanas de Bastabales-Rosalía de Castro.avi

Cando era tempo de inverno. Amancio Prada canta a Rosalía de Castro.wmv

Aid - Cantarte Hei Galicia

A nosa postal de Rosalía de Castro





Escoitar o poema