Comeza a andaina do "Salón do Libro". Esta vai ser a XVIII Edición. Este ano leva por tema "O mundo que queremos".
Con esta temática quérese englobar diferentes temáticas: o medio, a saúde a integración e a igualdade, a accesibilidade e a mobilidade, o respecto, a inmigración ou a vellez, a solidariedade, a investigación en todos os seus ámbitos, etc.
Haberá unha publicación propia como fío conductor, feita polo escritor Antonio Manuel Fraga e o ilustrador Jacobo Fernández Serrano, que nos contarán as aventuras de "Escaquis e Romeu". A presentación do libro terá lugar o sábado 3 de decembro ás 12:45 h dentro do Cuturgal. Ler máis.
Data de incripción: Antes do 22 de decembro: centro, curso e número de alumnos/as por curso que participe.
Data completos de incripción: Antes do 18 de xaneiro. Formato do traballo, título, bibliografía ... ou algunha modificación de cursos e nenos.
Data límite para entregar os traballos: 3 de marzo.
O acto principal ou celebración das exposición dos traballos e obradoiros Terá lugar entre o 10 de marzo e o 2 de abril. Folla de inscripción
Ningún comentario:
Publicar un comentario