10 de abr. de 2015

As máquinas dos de 4º de Primaria


Clica na segunda imaxe para ver as máquinas e a súa explicación de como funcionan

9 de abr. de 2015

2015 Ano Internacional da Luz

Máis sobre o 2015 Ano Internacional da Luz no blog das Escolas Asociadas Unesco

Circuito electrico con vinagre

O vinagre ten multitude de usos; ademais de aliño, serve como conservante de alimentos, como repelente de mosquitos, de artigo de limpeza, debido ao seu carácter ácido, reacciona co carbonato cálcico polo que tamén é usado para a limpeza de cal en pequenos electrodomésticos como cafeteiras. Grazas a este carácter ácido e a súa facilidade para adquirilo puidemos facer un experimento entre a relación da reacción química e  corrente eléctrica:

O obxecto da electroquímica é estudar a relación entre as reaccións químicas e as correntes eléctricas ás que estas reaccións poden dar lugar en determinadas circunstancias, así como a conversión de enerxía química en enerxía eléctrica e viceversa.
As pilas caseiras funcionan a partir dunha reacción química que produce unha corrente eléctrica. O vinagre, normalmente, é ácido acético máis auga. Este provén do alcohol dun viño grazas á fermentación dunhas bacterias que lle gustan o osixeno para vivir ( os biólogos chámanas bacterias aeróbicas). Canto máis calidade teña o viño, mellor será o vinagre. Hai moitos tipos de vinagres; de tipo industrial, de alcohol, de Xerez.....

No vídeo podemos ver como o alumnado de 6º elaboraron varios circuítos, en especial o feito con vinagre.

22 de mar. de 2015

Nº 20 - Revista mensual para toda a comunidade educativa

Entre outras pequenas curiosidades atoparás:

A mediación escolar

-Como detectar un trastorno alimentaria

Libros recomendados

Clica na imaxe

O neno que puido facelo


Dous nenos levaban toda a mañá patinando sobre un lago xeado cando, de pronto, o xeo rompeu e un deles caeu á auga. A corrente interna desprazouno uns metros por debaixo da parte xeada, polo que para salvalo a única opción que había era romper a capa que o cubría.

 O seu amigo comezou a berrar pedindo axuda, pero ao ver que ninguén acudía buscou rapidamente unha pedra e comezou a golpear o xeo con todas as súas forzas.
Golpeou, golpeou e golpeou ata que con-seguiu abrir unha greta pola que meteu o brazo para agarrar o seu compañeiro e salvalo. Aos poucos minutos, avisados polos veciños que oíran os berros de socorro, chegaron os bombeiros.
 Cando lles contaron o acontecido, non paraban de preguntarse como aquel neno tan pequeno fora capaz de romper unha capa de xeo tan grosa. -É imposible que con esas mans o lograse, é imposible, non ten a forza suficiente como puido conseguilo? -comentaban entre eles.
 Un ancián que estaba polos arredores, ao escoitar a conversación, achegouse aos bombeiros. -Eu si sei como o fixo -dixo. -Como? -responderon sorprendidos. -Non había ninguén ao seu arredor para dicirlle que non podía facelo.

19 de mar. de 2015

Paseo matemático polo casco vello da cidade de Pontevedra

Traballando para o Salón do Libro deste curso 2014-15

Clica na imaxe para ver algunhas fotos do paseo.

Axiña poremos imaxes do traballo presentado

XIII Exposición da Camelia

                                                                           Ver fotos