2 de out. de 2015
Celebracións en diferentes países
Clica na imaxe e selecciona o país para ver cales son as súas celebracións.
30 de set. de 2015
Lendo lendas digo versos
Antonio Reigosa e Antonio García Teijeiro danlle vida a algunhas das nosas lendas poñendoas en verso.
Un libro orixinal
Un libro orixinal
28 de set. de 2015
17 de set. de 2015
"O meu barco " do libro Os soños da Gaiola
Bonito poema de Manuel María. Persoeiro que será homenaxeado este curso 2015-16 no Día das Letras Galegas. Aquí tamén o temos musicado en youtube por Suso Vaamonde. Debaixo hai tamén unha ligazón para ver a partitura para tocar coa frauta.
"O MEU BARCO"
Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
quen me verá navegar!
Navegarei por mil ríos
sete mares hei cruzar.
No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar!
No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
Non teño medo ó trebón
nin me asusta o furacán!
O meu barco de xoguete!
O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral...!
Andei tódolos mares!
10 de set. de 2015
A historia de Erika
Fermoso e tráxico de vez, "A historia de Erika". Autor : Xesús R. Jares . Cousas que di:
- Educar para a paz é un xeito particular de educación en valores (xustiza, cooperación, compromiso, solidariedade...)
- É unha educación dende e para a acción (convidar a reflexionar sobre os nosos comportamentos e actitudes...)
- É un proceso continuo e permanente (algo máis que deseñar un día unha lección para a paz ou celebrar o día que toca no calendario).
- A educación para a paz como dimensión tranversal do currículum afecta a todos os seus elementos e etapas educativas.
Concurso de relato curto - Biblioteca de Pontevedra
Este 10 de setembro comeza o prazo de presentación de relatos para o “II Concurso de Relato Curto” que organiza a Biblioteca Pública “Antonio Odriozola”
Bases da convocatoria:
Tema:
O mundo do libro en todas as súas vertentes.
Obxectivo:
O obxectivo deste concurso é o fomento da creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como
canle de difusión de novos valores.
Participantes:
Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 14 anos.
Criterios de valoración:
· Orixinalidade no tratamento da temática proposta e no emprego de técnicas e figuras literarias.
· Uso correcto da gramática e da ortografía.
Condicións de presentación das obras:
Cada participante poderá presentar un único relato. Este deberá ser orixinal e inédito, sen que fose reproducido ou difundido previamente en ningún tipo de soporte ou medio (publicacións escritas, páxinas web, redes sociais, etc.)
O idioma elexido pode ser o galego ou o castelán.
A extensión máxima admitida é de tres páxinas escritas a ordenador con fonte Arial de tamaño 11 e interliñado de 1,5.
Os traballos poderán presentarse dun dos seguintes xeitos:
· Depositándoos no lugar habilitado no mostrador de préstamo do segundo andar da Biblioteca. O relato presentarase sen asinar e cun pseudónimo, introducirase nun sobre pechado. No exterior do mesmo o participante deberá escribir "I Concurso de Relato Breve da Biblioteca Pública de Pontevedra + o pseudónimo" e no seu interior, ademais da obra, incluirá outro sobre pechado cos seus datos persoais (nome, apelidos, teléfono, DNI e correo electrónico).
· Enviándoos á Biblioteca por correo ordinario nun sobre sen remitente no que conste "I Concurso de Relato Breve da Biblioteca Pública de Pontevedra + o pseudónimo". Nel incluirase o relato breve e outro sobre pechado cos datos persoais (nome, apelidos, teléfono, DNI e correo electrónico).
Prazo:
Prazo de presentación vai dende o día 10 de setembro ata o 10 de outubro.
Premios:
1º premio: lote de libros.
2º premio: lote de libros.
3º premio: lote de libros.
Ademais os tres traballos serán difundidos na rede a través da biblioteca.
Xurado:
Presidenta: A Directora da biblioteca.
Vogais: un técnico da biblioteca e un profesional da literatura o do mundo libreiro.
Secretario: un usuari@ da biblioteca.
Resolución e entrega de premios:
A resolución do xurado farase pública o mércores 24 de outubro, día das bibliotecas. A lista cos premiados será exposta no taboleiro de anuncios da segunda planta na Biblioteca e a través da páxina web da biblioteca. Ademais, comunicaráselles ós gañadores.
Os traballos gañadores (e, no seu caso, aqueles que o xurado considere máis interesantes de entre os non premiados) poderán ser expostos na Biblioteca e en diferentes canais da Biblioteca en Internet.
9 de set. de 2015
"Canta bichería" - Lema da XVII Edición do Salón do libro
Ver nova no Pazo de Cultura
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



